Xoán Hermida renuncia a entrar no Parlamento Galego, elevando o nivel ético dos responsables públicos a estándares europeos

Acusa ao goberno de Pontevedra de actuar como un rexime totalitario utilizando informes internos de persoal para atacar á oposición política.

Nun exercicio de transparencia Xoán Hermida atendeu aos medios e analizou a necesidade de que a ética impere no noso país porque ‘confío plenamente en que so podemos construír unha alternativa á dereita desde a ética’.

Nunha rolda que tivo lugar na Sede de Marea Pontevedra, explicou que era consciente de que tras o suceso da ‘compañeira Paula Quinteiro’ se situaba en primeira liña do foco mediático e da ‘liña de fogo na que se ten convertido a política neste país’. Lembrou que era o número sexto da lista electoral de En Marea pola provincia de Pontevedra tras concorrer ás primarias encabezando unha candidatura de mareantes de base, e que co tempo ‘confirmouse a necesidade de contar con deputados e deputadas que apostasen polo proxecto común e non polos intereses de parte’.

Non obstante, adiantou que a súa ocupación profesional dificultaría a dedicación que un posto de representación cidadá tan importante require.  Lembrou que por eses motivos dera paso a Peque González na labor de coordinación do equipo de Marea Pontevedra.

Xoán Hermida quixo aproveitar a rolda de prensa para reflexionar a propósito de tres aspectos: A transparencia e a veracidade, a democracia e a dontoloxía profesional e a ética e a política:

TRANSPARENCIA E VERACIDADE.

O primeiro do que quixo deixar constancia é de que considera que ‘non hai vida privada cando se ostenta un cargo de representación pública’, por iso desde o primeiro momento (05/09/2017) fixo público no seu facebook a situación producida a raíz dunha multa de tráfico por ‘estacionar uns minutos para trasladar a un familiar con mobilidade reducida a unha residencia da zona vella de Pontevedra’

DEMOCRACIA E DEONTOLOXÍA PROFESIONAL.

Xoán Hermida aclarou que nun tempo onde a democracia cotiza á baixa, gústalle definirse como demócrata e que ‘entre os principios da democracia esta respectar a posición política do adversario, o seu dereito a organizarse e a expresar os seus pareceres por medio de medios afines. A independencia da prensa non esta, poís, reñida co seu alineamento político’. Advertiu que ’o aliñamento político de forma combatiente dalgúns medios non lle fai ningún favor ao país, pero tampouco aos propios medio nin aos seus profesionais’.

Recalcou que non existe ningún atestado nin expediente contra el, ‘O que hai é un recurso de reposición meu contra unha multa e a presentación dunha queixa contra a actitude do axente (con data 14/03/2018). É a raíz da miña queixa pola que se abre a apertura dun expediente informativo contra dito axente e é o marco de informe interno onde este axente, na súa lexítima defensa, da unha versión dos feitos distorsionada que previamente non expresou en ningún trámite’.

Nese sentido remitiu aos aos medios ao xefe da Policía Local de Pontevedra, Sr. Daniel Macenlle para confirmar este feito. Indicou que ‘que sexa desde o departamento de persoal dependente do BNG e non desde o organismo autónomo da policía local que eu respecto’. Ás preguntas dos xornalistas sobre a autoría da filtración deixou claro que ‘corresponde ao goberno do Concello velar pola privacidade dos informes internos reclamados pola cidadanía e que elevará nos vindeiros días unha queixa ao Concello para que se aclare esta filtración que non é a primeira coñecida contra membros da oposición’.

Fixo evidencia de que se os medios se tiveran dirixido a el ou directamente ao máximo responsable da Policía Local desmintirían as novas publicadas arredor deste tema. Nese sentido quixo compartir cos xornalistas presentes que quizáis tamén os medios ‘precisan un 15M’

A ÉTICA E A POLÍTICA.

Xoán Hermida sinalou que este non se trata dun tema menor senón ‘o seguinte’ e que , non obstante, nun contexto onde a referencia ética debería estar nun primeiro plano renuncia a suceder a Paula Quinteiro, en caso de que a deputada ‘sexa consecuente e dimita, para dignificar o proxecto político de En Marea’.

Alguén pode estarse preguntando, sinalou o excoordinador de Marea Pontevedra, sobre unha renuncia que non ten motivo, ao cal respostou que ‘nunha situación de tanta desafección coa política corrrespóndenos aos que viñemos a democratizar a democracia dar exemplo e homologarnos con estándares europeos onde se producen dimisións por unha multa de tráfico’.

Preguntado por se era un toque de atención a súa compañeira Paula Quinteiro expresou o seu apoio á posición que os órganos de En Marea teñen tomado ao respecto.  Aclarou, con certa ironía, que seguramente sexa o primeiro caso de ‘renuncia sen motivos e sen cargo ao que renunciar’ e sinalou que non se lle pode pedir que renuncie a súa condición de cidadan e activista social.  Anunciou que nos vindeiros meses a súa actividade estará centrada en participar do cambio ético que representan Luís Villares e a Luís Rei, en ‘tempos de esgotamento de rexímenes non so fai falta a política senón tamén a ética que representan o futuro alcalde de Pontevedra e o futuro Presidente da Xunta’.

 

2 thoughts on “Xoán Hermida renuncia a entrar no Parlamento Galego, elevando o nivel ético dos responsables públicos a estándares europeos”

  1. Constituye un autentico manifiesto de etica politica. Lastima que perdamos un representante en el parlamento autnomico, pero tambien ganamos un extraordinario apoyo al candidato a la Xunta, Compañeri VillareS.

  2. Xoan, son Manolo Barbeitos. Simplemente quero facerche chegar a miña solidariedade e todo o meu aprezo. Non todos/as somos iguais!.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*