A Renda Social Municipal permitirá cubrir as necesidades básicas das familias pontevedresas

A renda social é unha prestación económica para facer fronte dun xeito digno ao pago de necesidades básicas como son a alimentación, vestiario, teito, pago de suministros básicos do fogar, materiais escolares… As axudas de emerxencia social municipal (AES), son prestacións económicas non periódicas para paliar situacións de urxencia social, fronte a renda social municipal que ten como finalidade modificar situacións de necesidade como apoio a inclusión social.

Esta prestación está pensada para mellorar a vida das persoas que non teñen ingresos económicos suficientes para afrontar as necesidades básicas dun xeito digno e que, por tanto, se atopan nunha situación de risco ou exclusión social.

REQUISITOS:

  • Non ter dereito a percibir RISGA, nin PNC, ou calquer outra prestación/pensión de IGUAL ou SUPERIOR cuantía que as anteriores.
  • Residir no Concello de Pontevedra, mínimo 6 meses de empadronamento.
  • Ter 18 anos, ou menores emancipados con cargas familiares, ter menos de 65 ou mais de 65 para poder solicitar unha non contributiva de xubilación.
  • Ter constituída unha unidade de convivencia familiar
  • ingresos insuficientes, por debaixo do IPREM: 532,71 € 1 membro de unidade de convivencia.

ESTIMACIÓN DO NÚMERO POSIBLE DE FAMILIAS:

Unidades familiares de 4 membros e a contía base que establece o IPREM: 692 EUROS  por unidade familiar de 4 membros. Sería un total de 48 familias durante 1 ano.

*Por pobreza enténdese a falta de recursos económicos para acceder a bens e servizos básicos, é dicir, as persoas pobres dispoñen duns recursos económicos inferiores a media da cidadanía. E a exclusión social é un proceso que, alén da pobreza, define a perda de integración ou participación das persoas na sociedade. A exclusión social pode incluír unha falta de ingresos debida a factores económicos como perda dun emprego ou dificultade para acceder a él, tamén pode incluír a ausencia de redes familiares e sociais, unha baixa participación ou protección social, algunha discapacidade severa, a carencia dunha vivenda digna…ou distintas combinacións destes e outros factores.


NORMATIVA:

A Lei 27/2013 do 27 de decembro, de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local impuxo recortes importantes na prestación de servizos sociais nas entidades locais, afectando directamente, entre outras, ás medidas que promoven a inclusión social.

A sentencia do Tribunal Constitucional do 3 de marzo de 2016 declarou inconstitucionais e nulos diversos artigos desta lei, entre eles a Disposición transitoria primeira (que establecía como data límite 2016 para que as entidades locais deixaran de prestar gran parte da carteira de servizos sociais e e estes foran asumidos ou financiados polas Comunidades Autónomas). Segue sendo, por tanto, unha competencia municipal obrigatoria atender e dar resposta ás necesidades das persoas que peor o están pasando.

Artigo 25.2.e) da Lei 7/1985, de 2 abril, reguladora das bases do réximen local, que lle atribúe ao municipio, como competencia propia nos termos da lexislación do estado e das comunidades autónomas, a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social: “avaliación e información, de situacións de necesidade social, e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.”

Lei 13/2008, de 3 decembro, se servizos sociais de Galicia mais modificacións introducidas pola lei 6/2016, de 4 maio, da economía social de Galicia e Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de Servizos Sociais de inclusión.

Artigo 84 da lei 10/2013, do 27 de novembro de inclusión social de Galicia declara que son competencias dos concellos: “1. En cooperación coa Xunta de Galicia, implantar e desenvolver so servizos sociais comunitarios necesarios para a aplicación do disposto nesta lei, consonte o establecido na precitada Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia”, e “3. Cantas outras competencias lles correspondan por norma de rango legal ou regulamentario”.

A lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia, atribúelle ao municipio competencia para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, podendo promover toda clase de actividades e prestar todos os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e as aspiracións da veciñanza e exercendo, en todo caso, de conformidade co disposto na lexislación de réxime local e sectorial de servizos sociais, competencias nas seguintes materias,entre outras: a) a prestación de servizos sociais comunitarios e básicos e específicos; e b) a execución de programas e proxectos destinados á atención á familia.

LEXISLACIÓN:

  • Lei 13/2008, de decembro, se Servizos Sociais de Galicia, estrutura e regula os servizos sociais en Galicia.
  • Lei 7/1985, Reguladora das bases de Réxime local
  • Lei 27/2013, do 27 decembro, racionalización e sustentabilidade da administración local
  • Lei 10/2013, do 27 novembro, de inclusión social de Galicia
  • Lei 372011, de 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia
  • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

L.O 2/2012, de 27 de abril de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

ESTRUTURA:

  1. No título I desde o capítulo I ao VI  (artigo 20) defínense o obxeto, natureza, as persoas beneficiarias, as destinatarias, requisitos de acceso, obrigas e criterios de concesión e contía.
  2. No título II, desde o capítulo I ao IV (artigo 40), defínense os criterios de concesión, suspensión e extinción (solicitude, documentación, emenda solicitude), a instrución e tramitación do procedemento (competencia, persoal técnico, informes, proposta de resolución provisional e definitiva), a finalización do procedemento (resolución, motivos de denegación, desestimento, renuncia, revisións e comprobacións periódicas), a revisión, suspensión, e extinción da renda social municipal (revisión, extinción, pagamento, inembargabilidade, xustificación, reintegro, infracións e sancións administrativas)
  3. Disposición adicional primera, segunda, terceira e cuarta. E disposición final.

BORRADOR DE ORDENANZA DE RENDA SOCIAL MUNICIPAL. CONCELLO DE PONTEVEDRA

CAPÍTULO I

ARTIGO 1. Obxecto

Esta ordenanza ten por obxecto regular a renda social municipal como prestación económica para a cidadanía do Concello de Pontevedra, que se atopa en situación de emerxencia, vulnerabilidade social ou en risco de exclusión social.

Ditos recursos están dirixidos a garantir unha contía económica mínima coa que as persoas con carencia de patrimonio dabondo ou ingresos insuficientes podan cubrir as súas necesidades, así como facilitar a inclusión social daquelas persoas que o precisen e que carezan dos recursos necesarios para o exercicio real e efectivo dos dereitos sociais.

Especificamente, pretende dar cobertura económica e social á falta temporal de ingresos, en especial por ausencia dun emprego estable e digno e/ou esgotamento da prestación por situación de paro, mantendo un mínimo nivel de ingresos que permitan cubrir as necesidades básicas da cidadanía.

CAPÍTULO II

ARTIGO 7. A renda social municipal.

A renda social municipal é unha prestación económica, extraordinaria, temporal prevista para persoas en situación de vulnerabilidade social e/ou en situación ou risco de exclusión social, dirixida a que cada persoa poida facer real e efectivo o seu dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios.

ARTIGO 8. Persoas beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias da renda social municipal aquelas persoas que estean nunha situación ou risco de exclusión social, con dificultades para atender e satisfacer necesidades vitais, sempre que reúnan os requisitos establecidos nesta ordenanza.
  2. Será beneficiaria a persoa a nome de quen se tramita e concede a renda social municipal.

ARTIGO 9. Persoas destinatarias

Terán a consideración de persoas destinatarias da renda social municipal as persoas que formen parte da mesma unidade de convivencia que a persoa beneficiaria.

ARTIGO 14. Requisitos

Pode ser perceptora da renda municipal social calquera persoa que estando en situación de vulnerabilidade ou situación de risco ou exclusión social, valorada polos/as traballadores/as sociais municipais no momento de presentar a solicitude reúnan os seguintes requisitos:

  1. Non ter dereito a percibir a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), ou prestación autonómica que a substitúa, nin as pensións non contributivas nin calquera outra prestación ou pensión de contía igual ou superior á das devanditas pensións. Non se cumprirá este requisito cando a solicitante ou calquera persoa da súa unidade de convivencia teña renunciado á percepción ou subsidio ou suspendida ou extinguida total ou parcialmente o dereito aos mesmos por causas imputables a elas.
  2. Residencia habitual, real e efectiva no Concello de Pontevedra. Estar empadroado/a e ter domicilio real e efectivo no termo municipal de Pontevedra cunha antigüidade mínima de seis (6) meses, inmediatamente anteriores e continuados á data de presentación da solicitude, agás as excepcións previstas na normativa autonómica de inclusión social vixente en cada momento. Coa excepción de antigüidade de empadroamento as persoas:
  • Vítimas de violencias machistas que cambien o seu domicilio por motivos de seguridade.
  • Acollidas nun recurso de aloxamento institucional e transeúntes que se atopen en situación de extrema urxencia.
  • Persoas emigrantes galegas, nos termos sinalados no artigo 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, cando fixen a súa residencia no Concello de Pontevedra.
  • Persoas que teñan recoñecida a condición de persoa refuxiada polo organismo competente da Administración Xeral do Estado, e cuxa solicitude de asilo teña sido admitida a trámite ou, sen admitirse, teñan autorizada a súa permanencia en España por razón humanitarias ou de interese social, no marco da lexislación reguladora dos dereitos e liberdades das persoas extranxeiras en España e a súa integración social.
  1. Idade. Ter 18 anos ou menores de 18 emancipados/as, agás as excepcións previstas na normativa autonómica de inclusión social vixente en cada momento. Exceptúanse deste límite de idade ás persoas que, sin estar emancipadas e sendo menores de idade, se atopen nalgunha das seguintes situacións:
  • Que teñan económicamente ao seu cargo outras persoas menores de idade ou persoas maiores de idade con discapacidade ou con cualificación de depententes.
  • Que sexan orfas de pai e nai sen dereito a prestación.
  1. Ter idade menor de 65 anos ou mais de 65 para poder solicitar unha pensión non contributiva de xubilación; excepto aquelas persoas que non reúnan os requisitos para acceder a ela.
  2. Ter constituída unha unidade de convivencia independente.
  3. Presentar dificultades para a cobertura das necesidades básicas por non dispoñer de recursos económicos suficientes.
  4. Circunstancias económicas. Entenderase cumprido ese requisito cando a unidade de convivencia dispoña de ingresos inferiores ao equivalente ao importe do IPREM vixente na data de formular a solicitude, incrementado nun 10% para cada membro adicional a un, ata unha contía máxima do 150% do IPREM.

A estes efectos entenderase como recursos económicos dos que dispón a unidade de convivencia os seguintes:

  1. Ingresos: o total de ingresos que perciban ou que prevexan poidan chegar a percibir no momento de presentación da solicitude as persoas que integren a unidade de convivencia en concepto de rendementos do traballo ou activifades económicas tales como retribucións, rendas, prestacións, subvencións, axudas, subsidios, prestacións de pago único ou calquera outro concepto, as cantidades percibidas en concepto de rendementos do capital mobiliario e inmobiliario, alugueiros ou similiares, así como rendementos do patrimonio..
  2. Bens patrimoniais, depósitos bancarios e contas correntes ou de aforro. Terán a consideración de bens patrimoniais os bens mobles ou inmobles sobre os cales se posúa un dereito de propiedade, posesión, usufructo ou calquera outro de análoga natureza, con excepción da vivenda habitual destinada ao seu uso.

Non se considerarán como recursos económicos dos que dispón a unidade de convivencia os que seguen:

  1. Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regulada.
  2. Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regulada, sempre que pola súa natureza e menor contía se deduza que só remuneran os gastos de asistencia ao curso ou incentivan a formación.
  3. Os ingresos dirixidos a paliar situacións de emerxencia social.
  4. As prestacións familiares por fillo ou filla menor a cargo xeradas polas persoas integrantes da unidade de convivencia.
  5. As prestacións económicas e libranzas derivadas da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.
  6. Pensións alimenticias estipuladas en convenios reguladores de separación, divorcio, garda e custodia, excepto en aqueles casos que se superen os 150 euros por menor a cargo.
  7. Que non exista persoas legalmente obrigadas a con posibilidade real de prestarlles alimentos de acordo coa lexislación civil. Poderase eximir deste requisito, previa declaración responsable, cando se prevexa que a obriga de prestar alimentos non se poida facer efectiva por malos tratos ou relacións familiares deterioradas ou inexistentes.
  8. Exercitar as accións pertinentes para a cobranza de calquera crédito, axuda, subvención, pensión ou renda de calquera clase que lle puidese corresponder á persoa solicitante ou calquera membro da unidade de convivencia.
  9. Protección ás persoas menores de idade. Acreditar a escolarización e asistencia regular ao centro escolar dos/as menores da unidade de convivencia que estean en idade de escolarización obrigatoria.

Os requisitos deberán reunirse no momento de presentar a solicitude e todos eles deberán manterse durante todo o período en que a persoa perceptora estea percibindo a renda social municipal.

As persoas que teñan sido perceptoras da renda social municipal e teñan esgotado o período de 12 meses, establecido no artigo 5, poderán solicitar renovación sempre e cando conten cun informe social emitido por unha ou un traballador social dos servizos sociais municipais, que acredite o seu compromiso de destinar a prestación económica a satisfacción das necesidades básicas da unidade familiar.

Durante este procedemento de renovación evitarase a suspensión da percepción da renda social, mentras a persoa perceptora está á espera da debandita renovación.

ARTIGO 15. Obrigas das persoas beneficiarias e destinatarias

A obrigas das persoas beneficiarias e destinatarias da renda social municipal son as seguintes:

  1. Administrar con responsabilidade e destinar o importe da prestación económica en beneficio da mellora das condicións de vida da unidade de convivencia.
  2. Escolarizar ás persoas menores de idade da unidade de convivencia que estean en etapas de escolarización obrigatoria e poñer os medios necesarios para a súa asistencia efectiva ao centro educativo.
  3. Non practicar a mendicidade nin permitir ou forzar a súa práctica a outros compoñentes da unidade de convivencia, que facilitará a transición a unha situación sen mendicidade.
  4. No caso de persoas desempregadas, manterse, tanto a persoa beneficiaria como as destinatarias en idade laboral, disponibles para o emprego salvo:
  1. Persoas afectadas por unha invalidez absoluta ou persoas en situación de dependencia recoñecida pola Administración autonómica.
  2. Persoas, que segundo o informe da traballador/ra social municipal ou dos servizos de emprego, non estean en condicións de incoporarse ao mercado laboral.
  1. Comunicar aos servizos sociais municipais calquera feito sobrevido posteriormente á solicitude en relación cos requisitos, en particular:
  1. Calquera cambio relativo ao domicilio e residencia habitual (empadroamento ou residencia efectiva) da persoa perceptora, e das persoas da súa unidade de convivencia.
  2. Acceso a un emprego ou prestación pública por parte da persoa perceptora, ou de calquera das persoas da súa unidade de convivencia.
  3. Modificación dos recursos económicos da persoa perceptora, ou de calquera das persoas da súa unidade de convivencia, que servisen de base para o cálculo da renda social municipal concedida.
  4. Calquera modificación que afecte á composición da unidade de convivencia con incidencia na percepción da renda.
  5. Calquera outra situación que puidese implicar a perda temporal ou definitiva dos requitisitos esixidos para a concesión da renda social municipal.

En todo caso, as comunicacións de modificación de datos deberán facerse no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do momento en que acaeceron os feitos sobrevidos dos que se trate, e por calquera medio que permita ter constancia ao concello de Pontevedra.

  1. Exercitar calquera dereito económico de crédito no seu favor que puidese corresponder á persoa perceptora ou ás persoas da súa unidade de convivencia, segundo a lexislación vixente consonte, tanto con carácter previo á solicitude como durante o período de percepción das prestacións.
  2. Facilitar a información necesaria para a comprobación dos obxectivos previstos da renda.
  3. Cando sexa requerido polos servizos sociais, xustificar que os gastos da unidade familiar son en relación a prestación económica que lle foi concedida.
  4. Cantas outras obrigas deriven desta ordenanza e da normativa complementaria vixente en cada momento.

ARTIGO 18. Contía

A renda municipal de renda social ascenderá a unha suma variable en función do número de membros da unidade convivencia, coas seguintes contías base máximas e mínimas:

Nº MEMBROS

UNIDADE DE CONVIVENCIA

CONTÍA BASE

(% SOBRE IPREM)

1 100,00%
2 110,00%
3 120,00%
4 130,00%
5 140,00 %
6 ou máis 150,00%

Da citada suma restaranse todos os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia, sendo o resultado final desa resta o importe da renda social municipal, calculándose conforme a seguinte fórmula:

Renda Municipal = Contía Base – Ingresos da unidade de convivencia

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA.

Comisión de Seguimento da aplicación da Ordenanza de Renda Social do Concello de Pontevedra.

Créase obrigatoriamente a Comisión de Seguimento da Ordenanza de Renda Social do Concello de Pontevedra, adscrita á concellaría con competencias en servizos sociais, coas seguintes funcións:

  1. Avaliar semestralmente a implementación da renda social municipal presente nesta ordenanza.
  2. Seguimento orzamentario.
  3. Resolver dúbidas e alegacións que poidan presentar as persoas interesadas, as entidades de acción social ou os equipos técnicos.
  4. Propoñer modificacións na regulamentación da renda.
  5. Tomar coñecemento dos expedientes de reintegro e sancionadores.
  6. Elevar os informes de valoración e as propostas de modificación á Alcaldía – Presidencia.

A comisión estará composta por, como mínimo, tres traballadoras do Concello de Pontevedra, adscritas dúas delas á área de benestar social e educación, nomeadas pola titular desa concellaría, indicando, de entre elas, as persoas que exercerán a presidencia e a secretaría. E a terceira designada pola concellaría con competencias en materia de facenda pública. Poderán asistir ás xuntanzas outras persoas con voz e sen voto, por invitación da presidencia.

As xuntanzas serán convocadas pola titular da concellaría con competencias en servizos sociais coa periodicidade que estime axeitada, ben de oficio, ben por solicitude de dous membros.

As xuntanzas serán convocadas pola titular da concellaría con competencias en servizos sociais cunha periodicidade semestral.

Para a validez das xuntanzas desta comisión de seguimento deberán concorrer cando menos tres persoas, entre elas a titular da presidencia para todo caso. Para o caso de non concorrer a persoa titular da secretaría, exercerá esa función a persoa de menor idade. Para a validez dos seus acordos deberá haber maioría simple de votos, de maneira que os positivos superen aos negativos, con voto dirimente da titular da presidencia para o caso de empate.

Os acordos documentaranse en acta confeccionada pola titular da secretaría e asinada por esta e pola titular da presidencia, ocupándose a titular da súa secretaría do seu arquivo e da expedición de certificacións, co visto e prace da presidencia.

As simples deliberación son será preciso documentalas en actas.

A comisión non poderá suponer en ningún caso incremento de custo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*