A XXVI Asemblea de Marea Pontevedra aproba a lista completa de Marea Pontevedra. O colectivo cidadá presenta un equipo contrastado para impulsar un cambio político desde o goberno do Concello de Pontevedra.
Despois de escoller por primarias aos dez primeiros postos da lista electoral, Marea Pontevedra aproba en asemblea a totalidade da oferta que presentará ás electoras e aos electores nas eleccións locais de maio. O equipo capitaneado por Luís Rei e Tere Casal, está perfectamente respaldado por voces experimentadas e por caras novas que aportan a ilusión e a frescura que demanda a cidadanía pontevedresa.
A lista electoral representa a unha multitude de sectores sociais e tamén é transversal en clave territorial. O obxectivo é gobernar para todas as persoas, por iso é totalmente necesario representar a totalidade do territorio do Concello de Pontevedra, a persoas de todas as idades, de todas as profesións e de todas as situacións sociais. Unha Pontevedra diversa merece tamén un goberno diverso.
Marea Pontevedra aspira a gobernar Pontevedra para poñer o concello, como institución máis próxima a cidadanía, ao servizo da xente. Se algo non vai faltar de aquí ata maio é ambición para mellorar a calidade de vida da veciñanza. Para logralo conta con tres avais fundamentais, o tándem que forman Luís Rei e Tere Casal, unha lista transversal e o traballo realizado neste mandato.
CANDIDATURA COMPLETA
- Luís Rei Núñez. Escritor e xornalista.
- Teresa Casal García. Avogada.
- Manuel Xesús Fontán Bouzas. Enxeñeiro de Montes e funcionario municipal.
- Carmen González Nóvoa. Orientadora. Coordinadora Xeral de Marea Pontevedra.
- Jaime Acuña Torres. Politólogo. Lourizán.
- Herminia Dios Poceiro. Psicológa e activista pola xustiza social.
- Guillermo Casalderrey Rivas. Arquitecto. Veciño de Lérez.
- Alicia Fernández Moldes. Técnica socio-sanitaria, veciña de Monte Porreiro.
- Xosé Lois Vidal Laíño. Fundador e dirixente do movemento veciñal de Pontevedra.
- María Luísa Lores Aguín. Radióloga. Da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública.
- César Maquieira García. Activista pola accesibilidade universal.
- María Teresa Narciso Otero. Pioneira na Policía Local de Pontevedra. Sindicalista.
- David Carballal Vázquez. Axente comercial. Mollavao.
- Helena Rodríguez García. Educación Vial. Verducido.
- Alberto Argibay Pazos. Adestrador de fútbol e xestor deportivo.
- Rosina Hermida Vidal. Activista pola defensa da xustiza social
- Javier Pérez García. Activista contra a pobreza.
- Paula Piay Carballo. Psicóloga. O Burgo.
- Aitor Caneda Martínez. Enxeñeiro. Lérez.
- Sara Valenzuela Viz. Ecoloxista. Profesora de ensino medio.
- Anxo Corbillón Fernández. Economista e representante de Marea Pontevedra na Mesa do Comercio Local.
- Cruz Villaverde Peón. De ‘Salvemos a Fracha’. Marcón.
- José Antonio Ramírez Amor. De ‘Non aos Crematorios’.
- Celia Abal Tilve. Praceira do Mercado Municipal de Pontevedra.
- María del Carmen Moreira Martínez. Traballadora do Servizo Público de Emprego de Galicia. Concelleira de Marea Pontevedra.