Un cento de mareantes de 25 localidades da provincia de Pontevedra xuntanse nun encontro de EnMarea para abordar as municipais

As persoas participantes coincidiron na necesidade de concorrer as eleccións municipais baixo o paraugas de EnMarea para ser decisivos nas deputacions e asegurar un proxecto de cambio para o país.

O encontro, no que Marea Pontevedra exerceu de anfitrión, desenvolveuse paralelamente a outros tres celebrados nas outras tres provincias.

As participantes apostaron polos principios de radicalidade democrática e de ética na politica como básicos para a cooperación entre mareas e das mareas con EnMarea. As propostas serán trasladadas ao documento que En Marea debatirá no plenario do vindeiro 17 de marzo.

Ao acto de clausura asistiu o voceiro nacional de EnMarea, Luís Villares manifestou a súa satisfación coa conclusión unánime dos encontros das catro provincias de que ‘xuntas somos imparables’. O exmaxistrado apelou aos puntos comúns que ‘nos trouxeron ata aquí para traballar para unha maior democratzacións das institucións e unha maior xustiza social’.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*