Tere Casal: Ningunha persoa de Pontevedra debe quedar fóra da festa que tanto nos gusta

César Maquieira: O concello xoga un papel importante, ten que promover iniciativas inclusivas, que é o que estamos pedindo.

Herminia Dios: Veñen agora dezaseis días de entroido e hai un programa de festas que non conta coas persoas con discapacidade.

As candidatas de Marea Pontevedra, Tere Casal e Herminia Dios, e o activista pola accesibilidade universal, César Maquieira, solicitan que as festas do entroido sexan totalmente inclusivas para que toda a cidadanía de Pontevedra poida disfrutar dunha das súas festas máis emblemáticas.

Que o entroido é unha das festas máis atractivas de Pontevedra non é nada novo, pero para Marea Pontevedra aínda podería ser mellor, e iso pasa por garantir a accesibilidade para todas as persoas da cidade. Así o manifestou esta mañá Herminia Dios: ‘Hai cidades, como Bilbao ou Córdoba, que xa no seu programa indican as zonas habilitadas para as persoas con discapacidade  nas diferentes actividades. Pontevedra non ten contemplada esta realidade para os dezaseis días de entroido que veñen por diante.

No Concello de Pontevedra hai arredor de 8 mil persoas con algunha discapacidade, un 10% da poboación. Un bo goberno debe velar para que todas as súas actividades e espazos non sexan un impedimento para o pleno exercicio dos seus dereitos, algo que, como lembrou César recolle perfectamente a Constitución Española: ‘Hai un artigo da constitución que resume isto perfectamente correspóndelle aos poderes públicos, neste caso ao concello promover as condicións para que a liberdade e a igualdade sexan reais efectivas e remover os obstáculos que as impidan’.

Os concellos, como institución máis próxima á cidadanía, xogan un papel importantísimo nesta tarefa: ‘O que pedimos é que promova iniciativas inclusivas e que vixile que todas as medidas sexan efectivas. De nada serve poñer ramplas se non teñen a inclinación que deberían, nin baños portátiles se estos non son adaptados. Non se pode promover unha inclusión descafeinanda’.

Para finalizar, a número dous do colectivo cidadá para as municipais subliñou que ‘Todos os pontevedreses e pontevedresas estamos orgullosas da nosa cidade pero hai unha eiva que amosa que o alcalde Lores non quere a todas as persoas de Pontevedra’.

Tere Casal rematou facendo un chamamento para que, unha vez máis, Pontevedra disfrute do seu Entroido:  ‘A xente de Pontevedra é festeira. Pontevedra é unha cidade festeira na que sempre que hai desfiles, festas e outras actividades a xente é participe e sae a rúa a disfrutar. Nos queremos axudar a que Pontevedra sexa de verdade accesible e inclusiva. Esa é a aportación de Marea, porque se algo priorizamos no noso grupo son as persoas. Ningunha persoa de Pontevedra debe quedar fora da festa que tanto nos gusta a todas’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*