Luís Rei a propósito do abandono de Marea Pontevedra do pleno ‘farsa’

O Bloque e o Partido Popular están de acordo na xestión privada do abastecemento de auga no concello, e ambos votaron en contra nas dúas mocións que Marea Pontevedra trouxo a este pleno, en maio e setembro de 2016, para irmos a unha xestión pública do ciclo da auga. Son tan xemelgos niso que o Partido Popular deixou no seu último mandato no goberno do concello un contrato de concesión por vinte anos a Viaqua, e o Bloque vai deixar de legado un contrato de concesión tamén por vinte anos, probablemente a…

Agora, esgrimindo anomalías administrativas, o Partido Popular solicitou este pleno extraordinario unilateralmente. Estaba no seu dereito de facelo, pero o certo é que non consultou con nós. O caso é que aquí, neste escenario, anúnciase unha función de teatro, a cargo do elenco do goberno eterno do Bloque e do seu antagonista auxiliar perfecto, que é o PP.

Será un Esperpento, superpoñendo no espello cóncavo a farsa da provocación e no espello convexo a farsa da insolencia.

Marea Pontevedra aposta por un modelo de compostaxe de xestión pública, tras aprobar o pleno a remunicipalización do tratamento do lixo

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*