Sobre a Renda Social e a reprobación de Anxos Riveiro

CRONOLOXÍA DA RENDA SOCIAL MUNICIPAL

08.11.2016
Proposición GM Marea ao pleno para instaurar unha RSM: dictaminada favorablemente.

23.12.2016
Pleno orzamentos: asúmea o Bloque como unha das seis emendas, pendente da primeria modificación de crédito.

30.3.2017
GM. Marea envíalle a concelleira responsable un borrador de ordenanza. Non hai resposta.

12.4.2017
Co noso voto o pleno aproba a modificación de crédito: 400.000 euros.

25.4.2017
Reenvíaselle á nova concelleira responsable o borrador de ordenanza.

16.7.2017
O Bloque proponnos modificar a Ordenanza de Emerxencia Social (aduce que axiliza a tramitación). O servizo achéganos un borrador que, na asesoría xurídica, se nos dí que, en efecto, mellora os supostos da emerxencia, mais non permite unha renda entendida como cantidade fixa, mensual e non finalista. Pedimos, ao non ter resposta sobre o noso borrador, que se propoña un borrador da nova Ordenanza de Renda Social (xa que non se estimou o noso).

25.10.2017
O concello solicita á Xunta de Galicia un informe sobre posible duplicidade da Renda Social Municipal (coa Risga).

13.11.2017
A Xunta responde que non incorreríamos en duplicidade. Tarda tres semanas, e inclúe resposta das consellerías de Política social, Facenda e Presidencia).

12.12.2017
Inicio formal do procedemento de elaboración da ordenanza de R.S: Trámite da consulta pública a través da páxina web do Concello para recabar opinión da cidadanía e organización afectadas pola elaboración da nova ordenanza.

15.12.2017
No pleno aprobamos a reforma da Ordenanza de Emerxencia (publícase no BOPP do 26.2.2018).

20.02.2018
O GM Marea reclámalle novamente a Concelleira o borrador da Ordenanza da Renda, que se comprometerá a presentar en xullo do 2017 (Reitérease a petición verbalmente cada semana. Sempre dí que para a semana seguinte estará).

28.03.2018
O GM Marea reitera por escrito a petición do borrador de Ordenanza, para que pase por comisión e poida ir ao pleno de abril. O pleno será na o 13.4.2018, e o tema segue sen ir.

19.04.2018
Elaboración de proposta de Ordenanza de RS a cargo de servizo de benestar social.

25.04.2018
Elaboración da memoria da Ordenanza R.S. a cargo do servizo de benestar social.

16.05.2018
Elaboración do informe asesoría xurídica.

21.06.2018
Informe do Órgano de Xestión Orzamentaria e Contabilidade (OXPC).

22.06.2018
Dilixencia de intervención.

28.06.2018
O GM Marea solicita por escrito o acceso ao expediente de tramitación da ordenanza da RS. Deron acceso o 3 de xullo.

03.07.2018
Informe do servizo a inicio de expediente de gasto (Bases 9.4 e 51).

04.09.2018
Informe de Intervención con observacións a ter en conta.

Proposición de Marea Pontevedra sobre a Renda Social

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*