Encontro coa Coordinadora de En Marea no aniversario do estatuto do 36. Soberanía cívica para construír a república da xente.

Xa vai para tres anos desde que puxemos en marcha o proxecto municipalista de Marea Pontevedra. Nestes tres anos teñen acontecido moitas cousas: irromper contra-pronóstico no Concello, ser a segunda forza na cidade en varias eleccións xerais e autonómicas e ser recoñecida como o referente da oposición, útil e propositiva.

Un paso importante é que, desde a nosa autonomía, decidimos impulsar unha marea nacional (En Marea) conscientes de que só desde os concellos non é posible o cambio.

Non se trata de construír un partido tradicional con delegacións locais senón dúas lexitimidades e dúas legalidades: a local (Marea Pontevedra) e a nacional (En Marea). Ambos proxectos das persoas e polo tanto de adscrición individual. Hai aínda moita xente que forma parte de Marea Pontevedra e que aínda non forma parte de En Marea. É unha decisión estritamente do ámbito persoal, pero desde Marea Pontevedra, como referente de En Marea na cidade, vos animamos a incorporarvos. Por iso, facémosvos chegar esta convocatoria da Coordinadora de En Marea par ter un encontro aberto do mesmo coas inscritas e simpatizantes de En Marea.

“Dende a Coordinadora de En Marea estamos a programar unha serie de encontros coas inscritas para dar a coñecer os traballos en marcha e para falar e pulsar a vosa opinión para mellorar e colectivizar o traballo, así como para responder a todas as preguntas que tiverades a ben formular.”

O encontro coincide coa data do aniversario da votación en referendo do primeiro estatuto de autonomía de Galicia e volve a coincidir, ao igual que nos últimos anos desde que o 15M sinalara a ruta a seguir, cunha demanda crecente de maior democracia, nun proceso de revisión e ampliación dos dereitos individuais das persoas, así como os sociais e nacionais. Para Marea Pontevedra nesta trátase de reivindicar o galeguismo político e o republicanismo cívico, coincidindo co aniversario do estatuto do 36 como primeira expresión da demanda da soberanía nacional. E que mellor xeito de facelo que cun encontro cidadá coas responsables de coordinar En Marea e co seu portavoz, Luís Villares.

Vémonos o mércores 28 de xuño     Lugar: Sede de Marea Pontevedra     Hora: 19,00 horas

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*