Presentación Deponte

Alberto Argibay e Luís Rei presentan DePonte, o plan para facer de Pontevedra a capital do deporte galego

Deponte non é unha proposta pensada como escaparate de grandes deportistas, é unha aposta firme por un modelo de vida saudable e, nas idades máis tempranas, un xeito de promover valores tan necesarios como a superación, o compañerismo e o traballo en equipo.

Unha vez presentada a ‘Praza do Mar’ e o plan de transporte para a cidade do Lérez, Marea Pontevedra continua con paso firme o Camiño’19 e presentou hoxe, no Sanchez Cantón, DePonte, o plan para dinamizar e potenciar, aínda máis, o deporte en Pontevedra.

DePonte é unha aposta ambiciosa, elaborada de xeito colaborativo por membros de Marea Pontevedra, especialmente polo economista Juan Manuel Cernadas e o arquitecto Guillermo Casalderrey, e tamén por actores importantes no deporte da cidade, como é o caso do propio Alberto Argibay. Trátase dunha proposta que pretende sacarlle o máximo rendemento aos recursos que ten a cidade para práctica deportiva e que, ao mesmo tempo, tamén pretende cubrir demandas históricas de moitos deportistas e clubes da cidade.

DePonte conxuga a sociabilidade do deporte coa súa potencialidade económica e como xerador de emprego de calidade. O Consorcio dos Deportes de Pontevedra aunará todas as potencialidades públicas e privadas en beneficio da práctica deportiva, tanto de lecer como de alta competición.

Neste sentido, DePonte anima as diferentes administracións a tecer rede para potenciar e ser máis eficientes na xestión das instalacións deportivas que existen na cidade e inclúe unha aposta firme por todas as modalidades deportivas, desde o deporte de lecer ata o de alta competición, pasando polo deporte de base. Non é por tanto unha proposta pensada unicamente como escaparate, senón unha aposta firme por un modelo de vida saudable e, nas idades máis tempranas, un xeito de promover valores tan necesarios como a superación, o compañerismo, o traballo en equipo ou a disciplina.

Ademais da práctica deportiva, DePonte promoverá conxugar a práctica deportiva co coidado e disfrute da natureza, empregando as zonas verdes de Pontevedra e promovendo outras que actualmente están desaproveitadas como, por exemplo a Xunqueira de Alba.

OBXECTIVOS:

  • Facilitar a vida activa das persoas de todas as idades
  • Xuntar natureza e deporte
  • Crear novos espazos urbanos de deporte e lecer
  • Ofrecer recursos para a práctica deportiva e de saúde
  • Reformar as instalacións para garantir a accesibilidade universal
  • Promover os valores do exercicio físico nos centros escolares
  • Garantir a participación das mulleres no deporte
  • Mellorar os logros do deporte pontevedrés
  • Crear emprego ligado ao sector deportivo

Ver máis

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*