Os orzamentos da Xunta de Galicia esquecen ás persoas

Marea Pontevedra asegura que o borrador presentado polo goberno da Xunta esquece moitas das demandas ‘históricas’ da cidade.

Importante ausencia de investimentos en escolas infantís, residencias da terceira idade, transporte e en xestión forestal.

Os orzamentos da Xunta volven a esquecerse das demandas procedentes da cidade de Pontevedra. O goberno do Partido Popular continua sen escoitar moitas das demandas que o grupo liderado por Luís Rei leva defendendo desde que forma parte da corporación municipal, directamente no Concello ou a través de En Marea no Parlamento Galego.

Un orzamento centrado no cemento:

Pese a destinar a maior parte do gasto en infraestruturas quedan sen atender demandas importantes, das que algunhas xa foron desatendidas no orzamento do ano pasado despois de ser presentadas, como emendas, por Marea Pontevedra.

  • Saneamento no rural: Pontevedra segue sen conectar á totalidade das vivendas á rede de saneamento. Por se isto fose pouco, esta rede segue baseándose no entubamento no lugar da depuración.
  • Recuperación integral da Ría: Non aparece ningunha inversión encamiñada a recuperar un espazo natural único, como por exemplo a instalación de microdepuradoras que permitan un saneamento efectivo das augas. Por se isto fose pouco, consuma un novo agravio para os veciños e veciñas de Lourizán coa ampliación da EDAR dos Praceres, que seguirá funcionando moi por riba da súa capacidade.
  • Estrada de Vilagarcía e variante de Alba: A segunda conta cunha inversión de 250 mil euros para este exercicio, unha cantidade ridícula que non permitirá nin tan sequera o inicio das obras. A estrada de Vilagarcía non contempla ningunha, pese as reiteradas demandas cidadás para o seu adecentamento.
  • Falta de inversión en materia forestal: Incluso despois dos tristes acontecementos, especialmente o pasado domingo 15 de outubro, o goberno de Núñez Feijóo segue sen contemplar a inversión dun so euro en facer cumprir a lei que obriga a distanciar máis de 50m dos núcleos poboacionais ás árbores consideradas pirófitas.

Un orzamento que esquece as persoas:

  • Escolas infantís: En Pontevedra máis dun 50% de nenos e nenas quedan sen praza nas escolas infantís públicas todo caso (518 de 1.005 peticións). Resulta evidente a necesidade de ampliar a oferta e formular a creación de novas Escolas. O orzamento para 2018 non recolle aumentar a oferta destas prazas.
  • Residencias da terceira idade: Nunha situación similar que as escolas infantís. Pontevedra ten un gran déficit na oferta de prazas, unicamente a residencia de Campolongo facilita a conciliación desde o sector público, unha demanda que novamente queda no esquecemento para o goberno galego.
  • Transporte público: Outra das demandas históricas da cidade. Pontevedra seguirá sendo a única das sete grandes cidades galegas que non conta cunha rede de transporte público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*