Leonardo Anselmi visita Pontevedra para solicitar a fin do convenio que posibilita as touradas

O portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei e o presidente da Fundación Franz Weber para Europa e Sudamérica compareceron ante os medios para solicitar a fin do convenio que mantén o Concello de Pontevedra coa Praza de Touros.

A publicación da enquisa de “Galicia, mellor sen touradas”, na que un 60% da cidadanía de Pontevedra non quere festexos baseados no maltrato animal na súa cidade, volve a poner en primeira línea a necesidade de avanzar politicamente na defensa dos dereitos animais na cidade do Lérez, a única cidade galega que aínda conta con este tipo de espectáculos.

Na xornada de hoxe Luís Rei e Leonardo Anselmi atenderon os medios para reclamar a fin do convenio que mantén o Concello de Pontevedra coa Praza de Touros, unha dotación económica de 38.500 € anuais que remata por ser unha subvención encuberta que permite que a tauromaquía sexa todavía unha realidade na Boa Vila.

O concelleiro sinalou que: “o Concello é propietario dunha doceava parte da Praza de San Roque, ademais de ser titular dos terreos que se cederon para a súa construción” polo que Marea Pontevedra solicita que anulen o convenio coa familia Lozano, pois o único uso que fai este organismo é no mes de setembro polo que: “Non é preciso pagar con diñeiro público o aluguer da praza para a Feira Franca”.

Pola súa banda, Leonardo Anselmi manifestou o seu desconcerto coa postura do BNG que : “son antitaurinos cando están na oposición e taurino cando está no oficialismo”. Ademáis tivo duras palabras para a realidade que significan as touradas para os animais que son sacrificados: “O animal que morre, un mamífero superior, faino con todas as capacidades cognitivas de sufrimente afogado no seu propio sangue tras ser atravesados os seus pulmóns cunhas espadas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*