O pleno do Concello de Pontevedra aproba rematar cos privilexios fiscais de Audasa

A proposición de Marea Pontevedra para que Audasa pague a totalidade do IBI no Concello de Pontevedra foi aprobada por unanimidade dos grupos políticos da corporación municipal. 

Ditaminada favorablemente a proposta de Marea Pontevedra que solicita rematar cos privilexios fiscais de Audasa

O pleno tamén aproba bonificar no IBI ás familias numerosas e posibilitar ás veciñas da cidade unha maior fragmentación do pago deste recibo. A moción foi presentada conxuntamente polos grupos de Marea Pontevedra, C’s e PSdG-PSOE, despois de introducir as emendas do pasado pleno á proposición inicial de Marea Pontevedra nun único documento.

Moción conxunta sobre a bonificación do IBI ás familias numerosas.

Marea Pontevedra solicita aumentar os prazos para pagar o IBI e a bonificación ás familias numerosas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*