O pleno do Concello aproba por unanimidade a proposición da Plataforma Non Á Ampliación da EDAR dos Praceres

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A Xunta de Galicia aínda non solicitou os permisos necesarios, de Costas e de Fomento, para actuar nos terreos do antigo campo de fútbol, pese a que o anteproxecto do emisario, que inclúe unha ampliación de 1300 metros cadrados da actual instalación, xa pasou a fase de exposición pública. Son numerosos os colectivos e as persoas, entre eles a propia Plataforma Non á Ampliación da EDAR, que presentaron alegacións durante esta fase.

Ante esta situación a Plataforma Non Á ampliación da EDAR, reunida en asemblea, resolveu por unanimidade solicitarlle ao Concello de Pontevedra que solicite a Costas unha concesión para actuar neses terreos en beneficio da veciñanza de Lourizán e de toda a cidadanía de Pontevedra. Posto que o pleno da corporación do Concello de Pontevedra aprobou rexeitar a ampliación da EDAR dos Praceres e posto que a Xunta de Galicia aínda non conta co permiso de Costas para ampliar a depuradora.

PROPOSICIÓN:

1. Instar ao concello de Pontevedra a que coa máxima urxencia solicite autorización para o uso dos terreos indicados, previo ao inicio do proceso de petición de concesión administrativa.

2. Que o concello de forma consensuada cos veciños da parroquia elabore un proxecto tendo en conta de equipamento deportivo co menor impacto ambiental posible e cun espacio complementario de lecer.

3. Que para o caso de denegación da solicitude de concesión, se inste ao ministerio correspondente a proceder a recuperación medioambiental dos terreos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*