O pleno do concello aproba dous piares do modelo social e económico de Marea Pontevedra

Renda social e Transporte Metropolitano amosan que existe unha alternativa nas políticas da cidade do Lérez. O voto en contra do BNG e a abstención do PP imposibilitan o impulso do mercado de abastos.

A modificación de crédito aprobada este venres no pleno municipal do Concello de Pontevedra abre a porta definitiva que permitirá o impulso ás políticas que Marea Pontevedra leva tempo defendendo para a cidade do Lérez.

RENDA SOCIAL MUNICIPAL:

A renda social é unha prestación económica para facer fronte dun xeito digno ao pago de necesidades básicas como son a alimentación, vestiario, teito, pago de suministros básicos do fogar, materiais escolares… As axudas de emerxencia social municipal (AES), son prestacións económicas non periódicas para paliar situacións de urxencia social, fronte a renda social municipal que ten como finalidade modificar situacións de necesidade como apoio a inclusión social.

Esta prestación está pensada para mellorar a vida das persoas que non teñen ingresos económicos suficientes para afrontar as necesidades básicas dun xeito digno e que, por tanto, se atopan nunha situación de risco ou exclusión social.

TRANSPORTE METROPOLITANO:

Pontevedra deixará de ser único concello galego de máis de 50.000 habitantes que non ten un servizo público de transporte urbano. No canto dun servizo público de transporte urbano, o que existe é una rede de liñas que dependen de diferentes concesións da Xunta de Galicia. A realidade de Pontevedra é esta porque nunca  se tivo intención de desenvolver o Plan de Transporte Metropolitano, o cal supuxo una clara desvantaxe en termos de mobilidade dunha poboación que, por non ter transporte público urbano, non conta coa subvención estatal do Ministerio de Facenda. Isto supón que a veciñanza de Pontevedra e da comarca estiveran, ao longo dos últimos anos, recibindo menos recursos que outras cidades galegas, pois a maior parte do Transporte Metropolitano é asumido pola Xunta de Galicia (80%). Esta situación impide que os rapaces de ata 19 anos poidan viaxar de balde no transporte metropolitano, unha discriminación respecto a outros concellos do país.

IMPULSO DO MERCADO DE ABASTOS:

Marea Pontevedra , tras unha análise realizada con persoal municipal, profesionais da praza e dos comercios próximos, e co propósito de axudar á reactivación económica, social e cultural da zona monumental presentou ante o pleno unha proposta para potencialo e convertelo no referente da actividade económica da zona monumental. A abstención do Partido Popular e o voto en contra do BNG imposibilitan que, polo momento, o mercado sexa de un verdadeiro pilar económico de Pontevedra e un referente do comercio ecolóxico e sustentable.

Cuestións organizativas:

  • Crear unha dirección executiva da Praza de Abastos (xestionando o orzamento, ou establecendo obxectivos por prazas de tempo).

Mellora de servizos:.

  • Ampliación do horario comercial, redistribución de espazos e usos dos mesmos.
  • Adaptación ao novos hábitos de consumo: elaboración de produtos propios (partindo da materia prima, elaboración, envasado e etiquetado de produtos elaborados para consumir ao chegar a casa).
  • Instalación de consignas de frío e de consignas para depositar bolsos ou outras compras.
  • Creación dun bono de desconto no estacionamento ao mercar produtos na praza.
  • Bonificación ás persoas usuarias das liñas de autobús que teñen a súa parada nas marquesiñas da Avenida de Uruguai á altura da praza de Abastos. E habilitación de transporte público que conecte a Praza co estacionamento público disuasorio situado na outra banda do río e coas parroquias.
  • Instalación no andar superior dunha oficina de información e asesoramento sobre dereitos, nutrición, gastronomía ou dietas especias, dirixido por persoal cualificado.

Desenvolver accións de promoción do produto local e de proximidade

  • Feiras rotativas periódicas na contorna, recuperando antigos mercados: a praza da Leña, a praza da Verdura, a praza de Méndez Núñez e a praza do Teucro tiñan non hai moitos anos unha vida propia na venda de leña, verduras e froitas, leite ou mesmo sementes para fortalecer o consumo de produtos de proximidade. Poderían estenderse nas prazas antigas ou aproveitar a rúa Sierra, onde xa está o comercio de Antigüidades e a Feira das Ponlas.
  • Demostracións monográficas de alimentos de temporada (contando coa colaboración de entidades coma o Carlos Oroza, Facultade de Ciencias do Mar, Estación Fitopatolóxica …).
  • Creación dunha web do mercado de abastos, como portal de promoción, dinamización comercial e de vendas por Internet, cun sistema de pago garantido e con transporte isotermo axeitado e rápido.
  • Creación do servizo de entrega a domicilio no ámbito da cidade a partir da contía que compense o gasto de combustible.
  • Aplicación de criterios sustentables cos consumibles de plástico (potenciando o cartón reciclado e as bolsas de fécula), e coa instalación de máis puntos de recollida de aceite e pilas.
  • Negociación coas empresas bancarias para que oferten servizo de caixeiros preto ou dentro da praza, con condicións vantaxosas para o Concello, consumidoras e vendedoras (houbo un tempo en que a praza tiña tres sucursais no seu redor).

Profesionalización e fidelización do sector:

  • Formación en materia de mercadotecnia e visión comercial dos e das praceiras (modernización do pequeno comercio).
  • Permitir que os sistemas de obro inclúan tamén o uso do datáfono.
  • Valorar a inclusión na contorna da praza o mercado de venta ambulante dos sábados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*