O Hospital NON se vende

Marea Pontevedra descolga unha pancarta de máis de 6 metros na entrada do Hospital Provincial para evitar a súa privatización e manter o seu uso sanitario.

O candidato a alcaldía por Marea Pontevedra, Luís Rei, e a compañeira na lista e doctora da Sanidade pública, Mariquiña Lores, acompañados das compañeiras do colectivo cidadá compareceron esta mañá ante os medios para defender a xestión pública e o uso exclusivamente sanitario do Hospital Provincial. Fixérono despois de desplegar unha macropancarta na entrada da instalación sanitaria co lema de ‘O Hospital NON se vende’.

Marea Pontevedra responde así as intencións da Xunta de Galicia e do Bloque de Lores de converter a única instalación sanitaria do centro nunha residencia para maiores de finanaciación privada, co banco venezolano Abanca como cabeza visible, pero tamén coa financiación dos grupos de inversión que fan fortuna coa sanidade pública. Luís Rei falou claro sobre a quen benefician estas medidas: A Xunta do Partido Popular, co visto e prace do Bloque de Lores, quere impulsar a concentración da asistencia hospitalaria do centro de Pontevedra e mans dun grupo privado. Ese grupo ten un nome, Quirón, e un apelido, Domínguez, que é o apelido do Partido Popular de Pontevedra.

Do mesmo xeito, aproveitou para lembrar son precisas prazas públicas de residencias para maiores, como xa indicou Marea Pontevedra coa súa proposta de Salvar o Asilo: O Concello aposta por facer de Benito Corbal a ‘Milla de Ouro’. Nós queremos que a prolongación a convirta tamén na milla ‘de las chicas, y chicos, de oro’. Pero pedimos que se faga salvando o Asilo, non a costa  de poñer en venda o Hospital Provincial’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*