O goberno de Mariano Rajoy considera apropiado manter o nome do colexio Salvador Moreno, pese a ser un militar e ministro golpista

O goberno respondeu deste xeito á pregunta realizada pola deputada de En Marea Yolanda Díaz o pasado 6 de decembro.

O goberno do Estado vén de responder a pregunta formulada por En Marea no Congreso dos Deputados polo actual nome do colexio Salvador Moreno, un militar que participou activamente do Golpe de Estado de 1936.

Seguindo o criterio da persoa non grata da nosa cidade, ese que non entende que eliminen os nomes dos responsables dun alzamento militar do noso rueiro, Salvador Moreno merece ser homenaxeado cunha rúa e cun colexio de educación primaria e secundaria pola: ‘Contribución que esa persona realizó a la Armada en general y a la enseñanza en particular’. Ver resposta completa.


UN MINISTRO GOLPISTA

En xullo de 1936, Salvador Moreno, capitán de fragata, realizou actos terroristas contra a legalidade constitucional, e a man armada apoderouse no arsenal de Ferrol dun cruceiro da Armada que puxo a dispor dos militares que se alzaron contra o goberno lexítimo da República.

Moreno desde o primeiro momento formara parte en Galicia da trama político-militar que preparou o golpe militar e que, despois do seu trunfo por métodos violentos, levou á morte por fusilamento de numerosos mariñeiros e oficiais leais ao goberno republicano e mesmo do almirante Azarola, comandante xeral da Mariña no territorio galego.

Polas súas actuacións ao mando de buques franquistas foron bombardeados tanto portos como poboación civil do Cantábrico e de Andalucía e realizou capturas de buques en alta mar que produciron novas execucións e condenas a morte en ilegais consellos de guerra.

Condecorado polo ditador por estas actuacións e ascendido a almirante, o xeneral Franco nomeouno, en dúas distintas etapas, ministro de Mariña da ditadura.

O Presidente do goberno de España, Mariano Rajoy, seica ten saudade da rúa que en Pontevedra levaba o seu nome e apelidos. Pola contra, Marea Pontevedra está orgullosa que o nome de Rosalía de Castro ocupe o seu lugar. Para liberar a nosa cidade de militares e ministros franquistas que tanto defende Rajoy.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*