O Concello de Pontevedra non debería negar os dereitos das persoas con discapacidade auditiva

Desde o mes de novembro de 2016 o Concello de Pontevedra deixou de ofrecer o servizo de intérprete e acompañamento a persoas con discapacidade auditiva. Este servizo consiste en contar con profesionais que interpretan e traducen a información da lingua de signos á lingua oral ou escrita e viceversa, co fin de garantir unha comunicación efectiva.

Actualmente no  Concello de Pontevedra hai máis de 3 mil persoas* que non poden contar cun servizo que proporciona autonomía para realizar facer tarefas tan cotiás como ir as citas médicas, citas de ámbito xurídico, dirixirse a outras administración a solicitar documentación necesaria para tramitar algún tipo de prestación desde os servizos sociais. Na práctica, esta realidade está dificultando que este colectivo vexa garantidos os seus dereitos básicos.

Marea Pontevedra agarda que o cambio de responsable á fronte da Concellería de Benestar Social poida cambiar unha actuación básicamente propagandística por unhas políticas públicas sociais efectivas que permitan a este e a outros colectivos desenvolverse do xeito máis autonómo posible.

A política social do Concello de Pontevedra debe priorizar os seus investimentos  nas persoas se quere ter de verdade un modelo de cidade inclusivo. No caso contrario seguirá tendo un bonito escaparate que oculta outras realidades que permanecen esquecidas.


Un servizo en proceso de desaparición.

Durante o ano 2016, desde xaneiro a novembro a atención que estivo dispensando a este colectivo de persoas por parte do Concello de Pontevedra foi a seguinte:

  • 1 hora para o pregón das festas da Peregrina.
  • 10 horas de servizo protocolarios para a área de Benestar Social como plenos, pregóns, entrega de premios.
  • 69 horas de atención directa a usuarios para actividades: conferencias, seminarios, congresos, actos vinculados aos programas Hefesto e Hedra…
  • 10 horas atención directa a usuarios a través das unidades de traballo social.

No que vai de ano (2017) tan só contaron con este servizo os premios cidade de Pontevedra.

*Datos procedentes do INE que abarcan desde persoas que padecen unha discapacidade auditiva parcial ata persoas que padecen unha discapacidade auditiva total.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*