Mónica Oltra arroupa a Marea Pontevedra na súa visita á cidade do Lérez

A vicepresidenta da Generalitat aproveitou a súa estancia en Galicia para manter un encontro coa dirección de Marea Pontevedra. 

A vicepresedenta da Generalitat Valenciana, acompañada de Luís Villares e da dirección de Marea Pontevedra, percorreu esta tarde á Boa Vila, nunha visita encadrada na súa estancia en Galicia para participar no festexo do 25 de xullo de En Marea en Santiago de Compostela.

Durante o encontro aproveitou para coñecer persoalmente á dirección política de Marea Pontevedra. A portavoz de Compromís trasladou á concelleira, Carmen Moreira, á coordinadora xeral, Peque González, e a responsable de políticas sociais, Herminia Dios, o seu apoio á candidatura resultante das primarias que Marea Pontevedra fará no derradeiro trimestre deste ano.

Nun paseo polo casco histórico compartiron experiencias e coñecementos en materia de políticas sociais, un dos principais puntos da axenda política de Marea Pontevedra. A Conselleira de Igualdade da Generalitat, que foi saudada efusivamente por varios transeúntes, sorprendeuse ao coñecer o escaso gasto social do goberno local e emprazou a continuar loitando por implementar unha Renda Social Municipal que salvagarde os dereitos básicos de todas as veciñas de Pontevedra.

Ao final da visita, a coordinadora de Marea Pontevedra, Peque González, agasallou á política valenciana cunha das serigrafías coas que o artista Manuel Moldes colaborou na campaña electoral que levou ao colectivo cidadá a entrar na Corporación Municipal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*