Marea recolle as demandas da Fundación Secretariado Xitano e aposta por unha Pontevedra máis inclusiva

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) é unha entidade social intercultural, sén ánimo de lucro, que traballa desde fai máis de 35 años pola promoción e a igualdade de oportunidades da población xitana en España e en Europa. Atenden a comunidade xitana do Concello de Pontevedra, ofrecen unha ampla carteira de servizos traballando coa poboación xitana nos seguintes ámbitos: educativo, no emprego e formación profesional, na saúde e na vivenda.

O candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, acompañado dos membros da lista, Teresa Casal, Herminia Dios e César Maquieira, mantiveron esta mañá unha xuntanza coa súa coordinadora, Mª José Obelleiro, e a mediadora intercultural, Rebeca Flórez onde compartiron con agrado os datos da súa actividade, pois o ano pasado traballaron con 205 familias e acadaron 127 insercións laborais.

O Concello de Pontevedra, financia con 23.650 euros diversos programas de educación para unha poboación, a xitana, que representa un 1% da poboación total  do Concello (900, aproximadamente). Este financiamento supón menos do 0,03% do orzamento xeral do Concello, manifestando que as políticas sociais inclusivas e de loita contra a discriminación na nosa Pontevedra non son unha prioridade na axenda do actual goberno.


Marea Pontevedra incorpora a súa axenda de goberno as prioridades da comunidade xitana:

  • Combater o fracaso escolar.
  • Emprego e inserción sociolaboral.
  • Erradicar o chabolismo.
  • Erradicar a discriminación por causa étnica.

Para mellorar estas realidades Marea apostará por políticas sociais inclusivas, que faciliten o coñecemento da comunidade e cultura xitana, tanto no ámbito educativo coma no laboral e social para eliminar as situación cotiás de discriminación cara as persoas xitanas. Falamos dun problema de clasismo e de descoñecemento da cultura xitana que hai que abordar en profundidade coa elaboración e posta en marcha dun plan estratéxico de benestar social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*