Marea Pontevedra visita o centro de AFAPO e incorpora as súas demandas a súa axenda política

Marea Pontevedra, comparte con AFAPO a triste sensación de que os servizos sociais comunitarios están infravalorados no Concello de Pontevedra.

Marea Pontevedra asume como unha prioridade de acción de goberno as políticas sociais inclusivas e a mellora na calidade de vida das persoas.

O voceiro e candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, e as tamén candidatas, Herminia Dios e César Maquieira, mantiveron un encontro co presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias, José Manuel Fontenla.

AFAPO xestiona desde o ano 2012 o Centro de Día Alzheimer Pontevedra, que pertence á Rede Pública de Centros de Día de Alzheimer da Xunta de Galicia. O acceso a estas prazas solicítase a través dos Servizos Sociais do Concello mediante a tramitación da Lei de Dependencia da Consellería de Política Social.  Na comarca de Pontevedra (falamos de Marín, Poio, e Pontevedra) temos aproxidamente unhas 6.000 persoas con demencia e unicamente unha oferta de 600 prazas. Isto provoca que a carga dos coidados caía nas familias, dificultando a vida especialmente das mulleres e impedindo a creación de postos de traballo relacionados cos coidados.

Pontevedra é a cidade con menor gasto social das 7 grandes cidades galegas e, pola contra, é a que mais recauda por habitante. Existe unha gran preocupación pola lista de agarda das familias para ter unha cita coa traballadora social, xa que as 9 unidades de traballo social coas que conta o concello en atención directa as familias están desbordadas e saturadas. Esta situación xa ten sido denunciada en numerosas ocasións, e tamén se propuxeron emendas nos orzamentos para a contratación de mais persoal para cubrir estas necesidades. Marea Pontevedra, comparte con AFAPO a triste realidade de que os servizos sociais comunitarios están infravalorados.

Marea Pontevedra asume como unha prioridade de acción de goberno as políticas sociais inclusivas e a mellora na calidade de vida das persoas. É preciso poñer en marcha programas específicos de prevención da enfermidade do Alzheimer e doutras demencias, en concreto programas de envellecemento activo para persoas sás, e así evitar na medida posible e tamén retrasar o avance destas enfermidades, nun Concello que, segundo datos do IGE, ten mais de 19.000 persoas maiores de 65 anos.

Marea Pontevedra critica a falta de prazas públicas para atender a estas persoas. Aínda sen ser competencia propia, o Concello como administración pública está obrigado a poñer os recursos públicos ao servizo das persoas máis vulnerables. Existen fórmulas xurídicas, como os convenios que permiten poñer a disposición da Xunta espazos municipais para a creación destes recursos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*