Marea Pontevedra visita o Banco de Alimentos para coñecer de primeira man o traballo da entidade

Herminia Dios Poceiro e José Antonio Ramírez, da candidatura de Marea Pontevedra, mantiveron un encontro co presidente da Fundación Provincial do Banco de Alimentos, Pedro Pereira Carballo e co delegado en Pontevedra, José Luis Doval Franqueira.

Os responsables da entidade, explicaron que o Banco de Alimentos distribúe directamente a 42 entidades sociais do casco urbano e de parroquias. Da súa relación con estas entidades, veñen de constatar un incremento no número de familias que, tendo esgotadas todas as prestacións, vense imposibilitadas para satisfacer unha necesidade tan básica como é a alimentación das súas familias e fillos. O reparto de alimentos é unha maneira de dignificar as súas vidas.

Reparten 25 toneladas mensualmente e realizan varias “Operación Quilo” ao ano. Na actividade colaboran en Pontevedra 7/8 persoas voluntarias, estendendo o número ata 2000 voluntarios nas campañas puntuais na provincia.

Marea Pontevedra asume como unha prioridade de acción de goberno a loita coordinada contra a pobreza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*