Marea Pontevedra visita, da man da veciñanza, os lugares afectados pola construción da A 57

Luís Rei e Carmen Moreira, acompañados de membros da candidatura colectivo cidadá, percorreron o trazado da Alternativa 1, a que conta co amparo do Bloque de Lores.

Marea Pontevedra, que desde o seu nacemento manifestou a oposición a esta autovía, comprobou onte a barbarie que significa para o noso medio a construción dunha infraestrutura perfectamente prescindible. Se xa no papel resulta evidente que ademais dun malgasto de recursos públicos tamén é unha aberración ambiental, a pé dos terreos afectados aínda o é máis.

A A-57, por moito que se repita que é unha circunvalación, non é tal. A A-57 é unha autovía que vai desde A Coruña ata O Porriño e que ten un custe moito maior que recuperar para a xestión pública e liberar da súa abusiva peaxe a AP-9. En algún momento saberase a que intereses responde unha obra a todas luces contra natura e sen sentido.

Durante o encontro visitaron o trazado da Alternativa 1, impulsada por Fomento do PP e do PSOE e que conta co respaldo do Bloque de Lores. Os participantes sairon da Igrexa Vella de Bora e percorreron os lugares de Texo, Leirados e Corval. Marea Pontevedra ratificou ante a veciñanza a súa total oposición a esta obra e púxose, unha vez máis, a disposición da veciñanza como unha ferramenta ao seu servizo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*