Marea Pontevedra visita a ONCE para recoller as demandas das persoas con discapacidade visual

Nos 20 anos de goberno do Bloque de Lores, as persoas con discapacidade sensorial pasaron de necesitar “comodidade” a precisar “seguridade” para transitar polas rúas e poder desenvolver os seus proxectos de vida. A Pontevedra dos espazos abertos, a que soamente existe no centro da cidade, plantexa un serio problema para este colectivo, pois estase a converter nunha especie de “ginkana” polos elementos que se instalan. Tamén a perda constante de semáforos acústicos afecta e condiciona negativamente transitar polas rúas en condicións seguras para as persoas con discapacidade sensorial visual.

O candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, acompañado das compañeiras de candidatura,Teresa Casal, Herminia Dios, César Maquieira, mantivo hoxe un encontro cos representantes da ONCE en Pontevedra. O equipo do colectivo cidadá visitou as instalacións da man de Eloy Hermelo, Director da Axencia da Once en Pontevedra, de Jose Ángel Abraldes, director do centro de recursos educativos e de Lorena Rodríguez, Responsable do departamento de coordinación e recursos xerais. 


Prioridades que Marea Pontevedra fai súas e incorpora ao programa seu de goberno.

  1. Vixianza nas obras
  2. Formación para o persoal municipal sobre a atención e axuda as persoas con discapacidade sensorial visual.
  3. Espazos abertos: establecer guías de referencia para poder transitar, e vixiar que se respeten polos resto de peóns e vehículos
  4. Semáforos acústicos.
  5. Itinerarios de caminos accesibles e seguros nas plataformas únicas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*