Marea Pontevedra solicitará no pleno do Concello o impulso do PrEP como método complementario na loita contra o VIH

Coa vista posta no 1 de decembro, día da loita contra o VIH, Marea Pontevedra solicita que as diferentes administracións impulsen un método que xa está extendido nos países do noso entorno. A ‘Profilaxis pre-exposición’ é un método complementario, nunca sustitutivo de outros métodos profilácticos.

Calcúlase que no Estado español hai entre 130.000 e 180.000 persoas infectadas polo VIH, das que un 25% descoñece a súa situación. Aínda que, afortunadamente, reducíronse de forma notable os efectos da infección na vida das persoas, nos últimos anos non se conseguiu reducir as infeccións por VIH, sendo especialmente preocupantes as tendencias en determinados colectivos como o de homes que manteñen relacións sexuais con homes (HSH).

Segundo datos do informe sobre vixilancia epidemiolóxica do VIH e sida en España, realizado polo Ministerio de Sanidade, en 2015 notificáronse 3.428 novos diagnósticos dos que 149 son en Galicia, a séptima autonomía a nivel estatal. A transmisión en homes que manteñen relacións sexuais con homes foi a máis frecuente cun 53,6%, seguida das relacións sexuais entre homes e mulleres (25,4 %) e, finalmente, das persoas que se inxectan drogas (2,8 %). Ademais, as taxas de novas infeccións en España continúan sendo superiores á media europea.

Ante esta situación é fundamental combinar os esforzos que se están realizando para fortalecer as estratexias de prevención e diagnóstico precoz con novos enfoques que permiten unha loita máis eficaz contra o VIH, como o é o uso da profilaxis preexposición (PrEP). A profilaxis preexposición ou PrEP é o uso dun medicamento antiretroviral, co obxectivo de previr a adquisición da infección polo VIH por persoas non infectadas. PrEP pódese tomar por vía oral, utilizando un fármaco antiretroviral dispoñible para o tratamento da infección polo VIH (tenofovir e emtricitabine) ou tópicamente como un gel vaxinal que contén tenofovir.

Desde setembro de 2015, a Organización Mundial da Saúde recomenda que se ofreza acceso ao PrEP ás persoas con risco substancial de infección polo VIH como unha opción de prevención adicional (nunca sustitutoria) aos métodos profilácticos que preveñen non só do VIH senón do resto de infeccións de transmisión sexual. Países da nosa contorna como Francia ou Portugal xa deron Iuz verde á súa implantación, seguindo as recomendaciones da OMS. España continúa sen afrontar a necesidade de implementar o PrEP, xerando unha situación de desprotección a determinados colectivos que recorren ao mercado negro e a internet para proverse de PrEP, sen supervisión facultativa cos riscos que isto pode conlevar para a saúde.

O Grupo de Estudo da Sida da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbiología Clínica (GESIDASEIMC) publicou recentemente unha guía (Recomendacions sobre Profilaxis Pre-Exposición en Adultos para a Prevención da Infección por VIH en España) que sinala a necesidade de implementar o PrEP en determinados grupos poblacionais chegando á seguinte conclusión: A PrEP amosou que diminúe a transmisión do VIH en grupos de risco elevado. O grupo de expertos de GESIDAEIMC recomenda implantar esta estratexia preventiva en España e propón un modelo baseado nos dispositivos asistenciais dispoñibles que garanta o beneficio e minimice os riscos na poboación na que a PrEP está indicada.


ROGO:

1.- Solicitar ao goberno central a implementar o uso da profilaxis preexposición (PrEP) en España seguindo as recomendacions efectuadas pola Organización Mundial da Saúde, con especial atención aos colectivos cunha alta incidencia de novas infeccións.

2.- Solicitar ao goberno central a reforzar as estratexias de prevención e detección rápida do VIH e outras infeccións de transmisión sexual incrementado as partidas presupuestarias con este obxectivo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*