Ditaminada favorablemente a proposta de Marea Pontevedra que solicita rematar cos privilexios fiscais de Audasa

O colectivo cidadá rexistra unha moción manifestando que Audasa xera suficientes beneficios como para non precisar unha bonificación do 95% no pago do IBI. 

A Comisión de Economía e Facenda do Concello de Pontevedra dotamina favorablemente esta proposta de Marea Pontevedra, que contou co apoio de BNG e PSdG. PP e C’S abstivéronse na votación.

A AP-9 é a única vía en Galicia que non paga o 95% do IBI grazas ás bonificacións previstas na lei de construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión aprobada en 1972, no contexto da ditadura de Francisco Franco. O decreto do 17 de agosto de 1973 polo que se adxudicaba a concesión administrativa para a infraestrutura galega prevía que Audasa aproveitase os “beneficios” que figuraban no artigo doce da devandita lei e “ao longo do período concesional”. Malia que a súa construción está máis que amortizada e, a pesar dos millonarios beneficios que xera, a exención aí segue, aplicándose ao nivel máximo de redución permitido no seu día pola lexislación franquista.

Audasa é a concesionaria de autoestrada de todo o Estado que máis tarde rematará a súa explotación despois da derradeira prórroga do goberno de Aznar, extendendo a concesión ata o máximo permitido (75 anos). Entre o 2011 e o 2015 o beneficio neto despois de impostos de Audasa pola xestión da AP9 foi de 186 millóns de euros, destinados integramente a retribuír aos seus accionistas, sen invertir nada en mellorar o servizo nin tampouco en seguridade vial, nunha vía que conta co punto con maior siniestralidade do Estado.

Un de cada dous euros que as galegas e os galegos pagamos nas peaxes da AP9 é beneficio antes de impostos, e un de cada tres euros é beneficio neto para a empresa concesionaria. Con estes datos, so a conivencia político empresarial pode xustificar que Audasa conte coa bonificación do 95% do IBI que ten que pagar aos concellos que percorre.


PROPOSICIÓN

1.- Instar ao Goberno do Estado a realizar as accións oportunas que permitan aos concellos por onde transcorre a AP-9  reclamar o pago íntegro do IBI por parte de Audasa.

2.- Trasladar o presente acordo aos grupos parlamentarios no Congreso e no Parlamento Galego.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*