Marea Pontevedra solicita que o equipo de Futbol Gaélico poida xogar nas instalacións deportivas do Concello de Pontevedra

Actualmente o equipo non ten asegurado poder disputar os partidos como local en ningún campo de Pontevedra. Catro xogadoras do equipo feminino, que xogará o campeonato de Europa en outubro, forman parte da selección galega.

O Concello de Pontevedra conta cun único equipo de Fútbol Gaélico femenino, que comezou a súa andaina fai tres anos e que xa leva conquistado diversos triunfos deportivos. No mes de marzo deste ano, catro futbolistas do equipo feminino pontevedrés formaron parte da selección Galega que se enfrentou nun partido amistoso a selección Francesa, acadando un merecido empate. Ademais o equipo acadou o segundo posto na Liga Galega, clasificación que lles permitirá acudir en outubro ao Campionato de Europa que terá lugar en Maastricht.

Nos últimos partidos que levan xogados, tanto o equipo masculino como o femenino, tiveron que desprazarse fóra de Pontevedra, concremente ao Campo da Lama e por dúas veces en Campo Lameiro.  Estas deportistas estanse vendo obrigadas a facer longos desprazamentos, cando deberían poder “xogar na casa” e contar con apoio e promoción en igualdade de condicións ca outros deportes de equipo.

A concelleira de Marea Pontevedra, Carme Moreira, quixo manifestar o seu apoio a un equipo que promete dar moitas tardes de ledicia na cidade e comprometeuse a solicitar que poidan disfrutar das instalación deportivas municipais: ‘O Concello de Pontevedra debe buscar ou habilitar a mellor alternativa para que o equipo Pontevedra de Fútbol Gaélico poida celebrar os seus correspondentes partidos en instalacións deportivas públicas, como o campo do Príncipe Felipe, e non ter que desprazarse fóra da cidade’

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*