Marea Pontevedra solicita o soterramento do centro de transformación eléctrica de Monte Porreiro

O pasado mes de febreiro a Corporación municipal aprobou por unanimidade unha proposta do Grupo Municipal de Marea Pontevedra  para que reactive o plan para o soterramento da liña de alta tensión que atravesa o Barrio de Monte Porreiro. Como consecuencia desta iniciativa o Concello retomou un asunto de gran importancia para a veciñanza de Monte Porreiro levaba máis dun lustro pendente

Ademais da liña de alta para a que se acadou o compromiso de soterramento, no corazón do barrio de Monte Porreiro, ao carón dunha das torres que serán retiradas, na confluencia das rúas Alemaña e Bélxica dentro do Parque Europa, existe un centro de transformación eléctrica duns 35 m cadrados de planta que conta con dous transformadores eléctricos no seu interior de 630 e 400 kVA, quilovoltioamperios, respectivamente. Este centro de transformación eléctrica ademais de poder constituír un risco potencial para a saúde nun entorno de xogo infantil e de reunión de persoas en xeral, xera unha importante barreira física, bloqueando a comunicación das rúas cara o parque central de Monte Porreiro e imposibilitando a existencia dunha entrada principal cunha mellor accesibilidade dende a rúa Bélxica.

Marea Pontevedra entende que unha vez logrado que se retomase  o soterramento da liña de alta tensión, é o intre axeitado para lograr unha mellora completa da zona central do barrio impulsando o soterramento deste centro de transformación eléctrica e liberando un espazo importante para a mellora das condicións de vida da veciñanza. 


PROPOSICIÓN:

  1. Instar ao Goberno Municipal a iniciar á maior brevidade conversas coa Consellería de Industria e a empresa Gas Natural-Fenosa, coa finalidade de acadar un acordo para a realización das obras de soterramento do transformador situado na confluencia das rúas Alemaña e Bélxica no Parque Europa de Monte Porreiro.
  2. Instar á Xunta de Goberno Local a adoptar as iniciativas necesarias para desenvolver os compromisos que se adquiran coa Consellería de Industria e Gas Natural- Fenosa para executar o soterramento do Transformador.

Ver máis

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*