Marea Pontevedra solicita a retirada dos grandes valados publicitarios da ribeira urbana do río do Gafos

Marea Pontevedra considera que a presenza de grandes valados publicitarios na ribeira urbana do río do Gafos non se corresponden cun entorno recuperado e solicita a súa retirada inmediata.

Desde hai xa varios anos a veciñanza pontevedresa goza da recuperación e posta en valor das ribeiras urbanas do río dos Gafos despois de que por conta de accións conxuntas e solidarias exercidas polas administracións local e autonómica se realizasen de xeito paulatino obras e traballos que permitiron o seu uso peonil e recreativo.

Para Marea Pontevedra o recoñecemento que esta acción urbanística ten por parte dos centos de persoas que a diario e desde hai anos usan deste espazo natural urbano choca coa persistencia dunha serie de elementos publicitarios de grande tamaño que desnaturaliza e é contraditorio coa filosofía deste proxecto de recuperación.

Segundo o portavoz da Marea, Luís Rei, “Os municipios e cidades máis sensibilizadas cunha feitura amable e sustentable da paisaxe urbana teñen aberto desde hai décadas unha política de eliminación de elementos que causen un impacto paisaxístico negativo desde a distorsión e afeamento dos espazos urbanos nos que foron introducidos”

Pola contra, segundo denuncia Marea Pontevedra, dentro do tramo urbano do río dos Gafos, entre os espazo que discorre entre a rúa denominada “Alcalde Hevia” (Antes Entre Rios) e a Ponte Boleira, se sitúan dous complexos de valados publicitarios de enorme altura e composición  que supoñen todo un atentado ao bo gusto e á calidade da paisaxe urbana.

Por iso Marea Pontevedra esixe  que o Concello de Pontevedra, a efectos de confirmar licencias ou convenios que permitiron ou permiten a súa instalación e mesmo se dispoñen de estudo de impacto ambiental, identifique á empresa ou empresas que explotan os distintos valados publicitarios que se sitúan na totalidade da ribeira urbana do río dos Gafos.

Ademais tamén, o grupo municipal da Marea, considera que dados os valores urbanos —recreativos e naturais— dos que está dotada na actualidade a ribeira do rio dos Gafos, por parte do Concello de Pontevedra se executen os trámites administrativos necesarios para que se desmonten e retiren de xeito definitivo os complexos de valados publicitarios que na actualidade están asentados na contorna directa do río dos Gafos no tramo que discorre entre a denominada rúa “Alcalde Hevia” e a Ponte Boleira.

Rogo presentado por Marea Pontevedra.valados-gafos-bvalados-gafos-a

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*