Marea Pontevedra segue traballando para mellorar a accesibilidade nas instalacións da cidade

PAVILLÓN MUNICIPAL DOS DEPORTES

O pleno de xullo do Concello de Pontevedra Marea aprobou a proposta de Marea Pontevedra para mellorar a accesibilidade no Pavillón Municipal Dos Deportes con votos favorables de todos os grupos agás o BNG. A Concelleira Carme Moreira, defensora da moción na sesión plenaria, amosou que a intención do seu grupo  no Concello de Pontevedra é ser quen de sacar adiante propostas que melloren a calidade de vida das veciñas: ‘Alegrámonos de que o equipo de goberno, grazas a nosa actividade, fale agora de accesibilidade’.

Porén, matizou que o proxecto anunciado polo goberno non é suficiente para garantir o acceso e disfrute universal das instalacións: ‘Presentan moitas fotos en plasma e proxectos pero a realidade da execución dos mesmos e un abismo, isto o presentan para contestarrestar as propostas dun grupo da oposición’.

O Real Decreto Lexislativo 1/2013 ámbito estatal, do 29 de novembro, aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social,  este RDL entrou en vigor o 4 de decembro dese mesmo ano, e na disposición adicional terceira  de “ Esixibilidade das condicións básicas de accesibilidade e non discriminación”, no punto  1 sobre “Os supostos e prazos máximos para esixir as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación”, na letra b) di que “Para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados e edificacións susceptibles de axustes a data sinalada será o 4 de decembro de 2017

Este prazo máximo autorizado do 4 de decembro de 2017 afecta tamén a ao pavillón municipal dos deportes, no que a día de hoxe se detectan diversas eivas que impiden o acceso e goce destas instalacións por parte das persoas con diversidade ou diminución funcional, así nos atopamos que para ir aos aseos só hai escaleira, que non existe unha sinaléctica específica adaptada (visual, táctil..etc), que a rampla que da acceso á cantina é impracticable, que non existe ningún medio/axuda técnica de intérprete de lingua de signos e/ou bucle magnético para persoas xordas, e xordo-cegas, non se conta con ningún dispositivo técnico que subtitule/retransmita os eventos deportivos facéndoo comprensible e accesible e a imposibilidade de acceder ao foso e as gradas

No transcurso do ciclo vital a maioría das persoas pódense ver afectadas por problemas de mobilidade e/ou comunicación. Na actualidade avanzouse con diversas leis e normas vixentes en materia de accesibilidade, pero a ausencia de mecanismos eficaces para a vixilancia do seu cumprimento e a insuficiencia de medios humanos e técnicos para a súa posta en marcha, orixinan que na practica as persoas con discapacidade, diversidade funcional e/ou en situación de dependencia non poidan contar con todos os recursos necesarios para gozar dunha vida digna e exercer a plena cidadanía cos seus dereitos e responsabilidades.

ACOMETER DIVERSAS OBRAS

  • Aseos accesibles tanto para persoas con diversidade funcional: discapacidade física, sensorial (visual, auditiva e xordo-cegueira), cognitiva, e disminución orgánica funcional (pacientes ostomizadas)
  • Sinaléctica específica adaptada en materia de accesibilidade no exterior e interior do pavillón.
  • Facer unha rampa accesible e practicable que de acceso a “cantina”
  • Instalar medio/axuda técnica en relación a intérprete de lingua de signos e/ou bucle magnético para persoa sordas.
  • Instalar un dispositivo técnico que subtitule/retransmita os eventos deportivos facendoo comprensible e accesible para todo tipo de público asistente.
  • Habilitar un espazo a “cota cero” onde se instalen asentos, ou buscar unha alternativa viable inclusiva que permita que as persoas poidan disfrutar dos espectáculos deportivos sen teren que sentarse na parte superior das gradas, fóra do espazo reservado a tal fin.

ROGO: MAREA PONTEVEDRA SOLICITA A LIMPEZA DE HERBAS E MATOS EN BEIRARRÚAS, CUNETAS E BORDILLOS.

Dende Mollabao pasando por Praceres ou Estribela, as avenidas que contornan o rio lérez; Corbaceiras , Uruguai, Bos Aires ou diversos barrios como Monte Porreiro, Fontesanta, a Parda, Conde Bugallal etc… as beirrarúas presentan gran cantidade de herbas e pequenos matos, que ademais do aspecto de falta de mantemento e abandono, causan molestias aos peóns e mesmo chegan a impedir o tránsito normal.

Para Marea Pontevedra esta situación non é admisible dado que a cidadanía de Pontevedra están desembolsando importantes cantidades por un servizo privatizado como é o do lixo e Limpeza viaria. Neste contrato (ARTIGO II.3 q) queda claramente establecida a obrigatoriedade de manter en perfecto estado de limpeza beirarrúas, bordos e cunetas dos viais municipais, polo que nos vemos na obriga de reclamar o seu cumprimento, no exercicio de fiscalización do goberno e defensa dos intereses veciñais.

Por último marea Pontevedra quere manifestar o seu compromiso coa remunipalización de servizos, recuperación para o público, como garantía para unha mellor atención das necesidades da cidadanía e o axeitado cumprimento das competencias municipais.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*