Marea Pontevedra recolle e fai propias as demandas de Amizade para unha Pontevedra máis inclusiva

O colectivo cidadá, da man das candidatas Herminia Dios e César Maquieira, mantivo un encontro co presidente da entidade sen ánimo de lucro, Paulo Fontán, para afondar nas necesidades dun dos sectores máis esquecidos da nosa Pontevedra.

Pontevedra ten un grande déficit en materia de accesibilidade, e o ten en múltiples aspectos. As persoas con discapacidade atópanse diariamente con numerosas barreiras arquitectónicas, no espazo público e tamén nos establecementos privados e mesmo, moito máis grave aínda, en algunha que outra dependencia institucional. O propio edificio do Concello de Pontevedra onde se atopan as oficinas de urbanismo non é accesible, é dicir, o lugar onde deberían obrigar a realizar as obras coas medidas de accesibilidades obrigatorias, non predica co exemplo.

Pero, ademais das físicas existen outras máis invisibles como a dificultade de desenvolver unha carreira laboral no noso Concello, a dificultade para practicar deporte e escasa presenza nas administracións de persoas que se comuniquen con linguaxes inclusivas.

Para paliar estas adversidades a entidade promociona solucións para o case centenar de socios que a conforman, promovendo actividades de todo tipo, desde as encamiñadas a gañar autonomía persoal ata as exclusivamente de ocio. Como en todas as asociacións deste tipo os recursos son limitados para as necesidades que abarcan, polo que precisan que as administracións sexan responsables e cumpran coas súas obrigas.


Marea Pontevedra comprométese a levar adiante, desde o goberno do Concello, as seguintes medidas:

Mellorar en materia de accesibilidade en xeral.

Incluír a linguaxe de signos como mérito nos concursos-oposicións.

Promocionar o deporte inclusivo e adaptado.

Incluír nas claúsulas sociais da contratación publica a persoas con discapacidade.

Maior vixilancia nas obras para que cumpran as medidas de accesibilidade necesarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*