Marea Pontevedra recolle as demandas de Xuntos Down e comprométese a levalas a cabo no vindeiro mandato

Tere Casal, Herminia Dios e César Maquieira mantiveron un encontro cos responsables do centro de Pontevedra.

A labor de entidades como Xuntos Down fan da nosa Pontevedra un lugar mellor para todas.  Xa van máis de 20 anos desde o inicio dunha actividade centrada en axudar as persoas con Síndrome de Down e con discapacidades intelectuais a levar unha vida digna, unha iniciativa que partiu directamente das familias ante o desleixo das nosas administracións.

No centro de Pontevedra axudan a aumentar a autonomía persoal de máis dun centenar de persoas, unha tarefa que sería relativamente sinxela se contasen con máis recursos a súa disposición, tanto materiais como humanos.

Marea Pontevedra mantivo hoxe un encontro co director do centro, Manuel Pérez Cobo e coa súa coordinadora, Paula Villaverde, e, compartindo a necesidade de garantir o dereito a unha vida digna de todas as persoas, asume como propias as demandas da entidade. Estas son:

  • Maior dotación de espazos residenciais, especialmente de pisos compartidos.
  • Transporte Público Urbano que permita unha maior mobilidade.
  • Prazas públicas reservadas en oposicións locais, como fan outras administracións e como ordea a normativa vixente.
  • Incremento de fondos regulares que permitan unha maior dotación de persoal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*