Marea Pontevedra recolle as demandas de Juan XIII e as implementará no futuro goberno de Pontevedra

A Asociación Juan XXIIIl leva 50 anos traballando no noso termo municipal. A día de hoxe atenden a 220 persoas, tanto do Concello de Pontevedra como de 15 concellos da contorna. O colectivo cidadá, da man de Teresa Casal, Herminia Dios e César Maquieira,  mantivo esta mañá un encontro con Mª del Carmen Puga (vicepresidenta), Elvira Couso (Secretaria) e Nuria Luque (xerente) para recoller as demandas do colectivo e introducilas no programa de goberno para o vindeiro mandato municipal.

DEMANDAS:

  • Apoio económico das administracións para poder acometer proxectos como a residencia para persoas con discapacidade intelectual. Un proxecto, que xa está desenvolvéndose, que custa entorno os 3 millóns de euros, e para o cal só contan cunha subvención da Xunta de Galicia de 177.000 euros. Esta residencia ten 25 prazas  residenciais e 11 en  de día, que son insuficientes en relación coa demanda existente.
  • Formación do persoal municipal en coñecer que é a discapacidade intelectual e como tratala e atendela.
  • Apoio as familias no seu dereito a decidir en que centro de educación especial desexan que os seus fillos e as súas fillas poidan desenvolverse persoalmente.
  • Apoio para atender as persoas con discapacidade intelectual que van envellecendo para reducir a carga das familias e garantir unha vellez digna.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*