Marea Pontevedra reclama transparencia e igualdade de oportunidades na xestión da Casa Azul

O colectivo cidadá manifesta a súa profunda preocupación polo que ven acontecendo na xestión dos recursos persoais e materiais da Casa Azul a raìz do escrito rexistrado pola Plataforma de Afectadas pola Hipoteca (PAH).

Son numerosas as veces que o grupo municipal de Marea Pontevedra puxo de manifesto a arbitrariedade dunha xestión que podería ser moito máis efectiva, en concreto da concelleira responsable de Área de Benestar Social en relación á xestión da Casa Azul. Cando se produciu o relevo da dirección desta área, Marea Pontevedra, en abril de 2017, xa denunciaba a falta de reestruturación e reorganización dos espazos e usos públicos.

Nesta instalación municipal hai diversos despachos con persoal técnico municipal e entidades sociais. A día de hoxe, un ano despois, segue sen contarse cun regulamento que estableza administrativamente os usos, acceso, sancións e cesións, baixo criterios de transparencia e de igualdade de condicións.

Marea Pontevedra ten recibido diversas queixas feitas de xeito verbal, por medo as “represalias”, co funcionamento, coa coordinación e coa xestión dos espazos en Casa da Azul, na mesma liña recollida no escrito de denuncia destes feitos realizado pola PAH.

Marea Pontevedra solicitará información sobre esta máis que preocupante situación e, no caso de que fose necesario, emprenderá as accións precisas para garantir un correcto funcionamento da Casa Azul, en beneficio da calidade de vida de todas as veciñas da cidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*