Marea Pontevedra reclama o cumprimento do acordo plenario para garantir a hixiene e a seguridade nos antigos terreos de Tafisa

O pleno de Pontevedra aprobou, en abril de 2016, a proposta de Marea Pontevedra para garantir condicións topográficas seguras e de salubridade nos terreos en estado de abandono que representan un perigo para as persoas. Porén, aínda non se fixo absolutamente nada na materia e o problema é cada vez maior.

Os solares urbanos dos terreos ocupados antigamente por Tafisa atópanse na maior parte dos casos en estado de abandono e manifestan diversas deficiencias e posibles riscos. Estamos ante 112.000 metros cadrados. Excluídos os 17.500 metros reservados para a Universidade e a parte de zonas verdes e de viais (case 60.000 metros máis) en estado aceptable, hai unha cantas parcelas  sobre as que sería conveniente actuar.

Marea Pontevedra denunciou no seu día problemas como a proliferación de vexetación, desniveis, acumulación de entullo de obras e presenza de animais domésticos abandonados. Ano e medio máis tarde a situación non fixo máis que empeorar e a estes problemas engadiuselle agora a aparición de coches en ruinas que quedan abandoados nos aparcamentos da zona.

Posto que toda esta superficie á beira do río pode completar o magnífico lugar de expansión que xa é a Illa do Cobo e que esta situación constitúe un claro perigo para as usuarias e as veciñas da zona Marea Pontevedra solicita que se adopten as medidas aprobadas pola corporación municipal.


Marea advirte sobre o abandono de parcelas sen urbanizar e amósase contrario ao traslado da Feira para os terreos de Tafisa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*