Marea Pontevedra propón mellorar o estado xeral da zona leste de Pontevedra

Marea Pontevedra visitou a contorna da urbanización situada entre as rúas Pintora Maruxa Mallo, Abundancia, Diego Sarmiento Acuña e Juan Carlos I. Non é a primeira vez que o colectivo cidadá denuncia o estado da Zona Leste da cidade, de feito xa ten presentado no pleno proposicións para que a maleza fose desbrozado e que, á vista dos feitos, non foi escoitada polos responsables.

Resulta preocupante a falta de limpeza das fincas que provocan que as silveiras e outras especies, como os invasores plumachos, invadan as beirarrúas dificultando o tráfico peonil e axudando á proliferación de pequenos roedores. Tamén existe unha gran preocupación veciñal polo estado do parque infantil, xa que nas escaleiras atópanse cristais de botellas sen recoller e que non existe sinalización algunha que indique que os animais de compañía non deben invadir o  espazo de xogos dos cativos e cativas.

A potencia dos focos de luz dirixidos á pista deportiva ao aire libre son demasiado potentes e resultan moi molestos sobre todo porque afectan ao descanso das persoas residentes na urbanización das inmediacións; do mesmo xeito que pranchas metálicas que hai detrás das porterías, pois fan moito ruído cada vez que son golpeadas.

A día de hoxe segue sen haber unha planificación do traballo de limpeza de desbroces  e tampouco existe un inventario das parcelas municipais.

PROPOSTAS DE MAREA PONTEVEDRA

  • Na pista deportiva substituír as pranchas metálicas por outro material que non faga ruído.
  • Substituír o mal sistema actual de alumeado por faros que permitan disfrutar da actividade deportiva descanso e que faciliten o descanso da veciñanza
  • Mellorar a zona existente entre o parque infantil e a pista deportiva, modificando a topografía existente para que sexa mais accesible, con plantación de árbores e mobiliario urbano.
  • Limpeza de residuos sólidos urbanos e baleirado dos colectores de recollida selectiva.
  • Sinalización no parque infantil de que non é un espazo para uso dos animais de compañía, senón de xogos para os nenos e nenas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*