Marea Pontevedra presenta o seu contrato coa xente

Teresa Casal: Todas estas propostas están feitas despois de falar coa xente, non son cousas que pintemos nun papel. Queremos ser o goberno da cidade que fale coa xente e a escoite.

Luís Rei: Viñemos convencer ás pontevedresas e pontevedreses de que outra política e outra maneira de facer as cousas desde o concello é posible. 

Impulsaremos propostas como a de abrir Pontevedra ao mar, a través da Praza do mar, avalada por César Portela, un Plan de transporte para o concello, un Plan de deporte de base no  concello e o rescate do Asilo.

Chegou a hora en Pontevedra dos barrios e das parroquias. Chegou a hora do territorio, da mobilidade, da accesibilidade.Chegou a  hora da xustiza social. Chegou a hora dun novo concello no que a relación cas veciñas e veciños sexa igualitaria e en dobre dirección. Chegou a hora dun novo regulamento de participación que favoreza a intervención dos portavoces de distintos  colectivos nos plenos, que permita escoller por sufraxio aos representantes dos consellos parroquiais, e que introduza a fórmula dos orzamentos participativos de maneira que as pontevedresas e pontevedreses poidan decidir directamente en que se inviste unha parte dos cartos e dos recursos de todas.

182 PROPOSTAS PARA O VINDEIRO MANDATO

As nosas 182 propostas para o vindeiro mandato

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*