Marea Pontevedra pregunta polo estado das subvencións para as asociacións deportivas sen ánimo de lucro

Carme Moreira preguntará no pleno municipal de Xuño o motivo polo que aínda non se ingresaron as axudas publicadas no BOPPO o 4 de agosto de 2016.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicouse o 4 de agosto de 2016 as subvencións para asociacións deportivas sen ánimo de lucro e federacións deportivas das que, lle consta a Marea Pontevedra, non se teñen ingresado a totalidade dos importes da citada subvención.

O blog do Servizo de Deporte do Concello de Pontevedra non publica ningunha convocatoria de subvencións para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais, así como para a organización e desenvolvemento de actividades deportivas durante os anos 2017 e 2018, feito que corroboran as asociacións deportivas do Concello de Pontevedra.

PREGUNTA:

1.- ¿Cando preve o grupo de goberno que as asociacións deportivas ingresarán a totalidade das subvencións ao deporte das convocatorias publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 4 de agosto de 2016?

2.- ¿Cal é o motivo de que no ano 2017 non se publicasen as convocatorias para a concesión de subvencións para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais, así como para a organización e desenvolvemento de actividades deportivas?

3.- ¿Ten previsto o grupo de goberno convocar para o presente ano as subvencións a asociacións deportivas para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais, así como para a organización e desenvolvemento de actividades deportivas?

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*