Marea Pontevedra lamenta o falecemento de Rosario García Mourón

Marea Pontevedra lamenta o falecemento de Rosario García Mourón, quen era filla de Manuel García Filgueira, alcalde de Pontevedra en 1936 e de Enma Mourón, os dous dirixentes históricos do movemento obreiro pontevedrés que foron perseguidos polo franquismo.

Rosario, que contaba con 85 anos, era tamén irmá do pintor Carlos García Mourón, artista que á súa vez morrera hai dous anos na nosa cidade. Marea Pontevedra solidarízase coa súa filla Isabel Aboal e todos os amigos e achegados da familia García Mourón.

Rosario sempre insistiu ao longo da súa vida en deixar constancia dun compromiso por defender a memoria do seu pai, canteiro e un dos primeiros concelleiros socialistas en Pontevedra e fundador en Galicia do Partido Comunista, e máis da súa nai, unha muller, responsable da Casa do Pobo nos anos 30, que padeceu enormes sufrimentos baixo a ditadura do xeneral Franco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*