Marea Pontevedra insiste na municipalización do Servizo de Axuda no Fogar

O pleno do Concello de Pontevedra aprobou a semana pasada a iniciativa presentada polo Grupo Municipal de Marea Pontevedra.

O goberno do Concello de Pontevedra vén de adxudicar o contrato do Servizo de Axuda no Fogar á terceira empresa consecutiva en menos dun mes, amosando unha falta de planificación que afecta directamente a todas as veciñas de Pontevedra, especialmente as usuarias e as traballadoras deste servizo.

O Grupo Municipal de Marea presentou no pleno de outubro unha proposta de municipalización deste servizo, aprobada unicamente co voto en contra do equipo de goberno, polo que volve a lembrarlle que estos acordos non poden converterse en papel mollado cando se trata de garantir dereitos básicos que permiten unha vida digna a moitas persoas da nosa cidade.

Ver máis

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*