Marea Pontevedra defende manter o uso exclusivamente sanitario do Hospital Provincial

A formación, que xa presentou unha moción no pleno de marzo, defende de xeito literal o texto da plataforma SOS Sanidade Pública. A ILP foi rexeitada no Parlamento cos votos en contra do PP e no Concello de Pontevedra cos votos en contra do PP, BNG e C’S.

 Á vista das información verquidas durante esta semana sobre a ampliación do Hospital Público de Montecelo, Marea Pontevedra quixo incidir na demanda social reflexada na ILP de SOS Sanidade Pública. A petición da plataforma podería resumirse en dous puntos: por unha banda a ampliación e xestión totalmente públicas do Hospital Montecelo e, pola outra, o mantemento do uso exclusivamente sanitario do Hospital Provincial.

O voceiro de Marea Pontevedra, Luís Rei, amosouse satisfeito pero prudente coa obra anunciada pola Xunta de Galicia: ‘Apoiamos a ampliación de Montecelo financiada íntegramente con cartos públicos e garantindo a súa xestión tamén publica’. En cambio amosou unha maior preocupación co futuro do Hospital Provincial: ‘Vemos con preocupación o anuncio da Xunta de Galicia de convertelo, en parte, nunha residencia para a terceira idade. O Hospital Provincial debe seguir conservando a función para a que naceu hai máis de 100 anos’.

Por último, o escritor lembrou que Marea Pontevedra simplemente defende o acordado na plataforma, un texto que leva máis de medio ano recollendo apoios: ‘Marea escoita nisto aos colectivos en defensa da sanidade pública e iso o que votou o grupo de En Marea no Parlamento Galego e Marea Pontevedra no Concello, onde PP e BNG, co apoio de C’S votaron en contra facendo pinza na defensa do uso sociosanitario do Hospital’

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*