Marea Pontevedra incorpora as demandas das persoas con discapacidade sensorial a súa axenda de goberno

As persoas con discapacidade sensorial son aquelas que teñen xordera profunda, pérdida auditiva ou xordo-ceguera, independentemente do recurso comunicativo que empreguen  para comunicarse. O voceiro de Marea Pontevedra, Luís Rei, acompañado dos membros da lista de Marea ,César Maquieira e Herminia Dios, mantivo hoxe unha xuntanza coa Organización de Xordos de Galicia (XOGA), representados pola súa presidenta, Mª Jesús Monterde, e a súa Secretaria Xeral, Pilar Iglesias, para axudar a mellorar a calidade de vida deste colectivo.

A organización XOGA conta con 152 persoas asociadas e prestan atención a 500 usuarias. Recibe unha ínfima subvención do concello de 4000 euros, que supón un 0,005% do orzamento. É preciso lembrar que falamos dun colectivo de entre 5000 e 8000 persoas na contorna de Pontevedra con valoracións de discapacidade do 60-65%,percibindo pensións moi baixas que derivan nunha situación económica que imposibilita unha vida digna.


DEMANDAS INCORPORADAS A NOSA AXENDA DE GOBERNO:

-Incremento de horas e orzamento no servizo de intérprete.

-Elaboración dun protocolo de actuación digno, participado polas entidades que traballan coa comunidade xorda, que responda as necesidades e demandas reais do colectivo.

-Instalación de bucles magnéticos naqueles servizos mais próximos a cidadanía, como poden ser o rexistro, os servizos sociais, centros de ocio e culturais…

-Deseñar actividades formativas para o emprego ou de calquera outra índole inclusivas.

-Garantir a accesibilidade na sinalización que se emprega en todo o Concello.

-Facer que a programación do concello, sexa unha “guía sensorial” a través da inclusión  do código QR, onde acceder a un vídeo explicativo do contido do programas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*