Marea Pontevedra incide na necesidade de garantir a accesibilidade universal na cidade

Carmen Moreira, acompañada do activista pola mobilidade, César Maquieira, presenta unha moción para a supresión de barreiras na cidade e as alegacións á licitación da reforma do Complexo deportivo de Campolongo.

O día 4 de decembro é o prazo máximo para garantir as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación no acceso e utilización dos bens e servizos como se establece no Real Decreto Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro. O Grupo Municipal de Marea Pontevedra levará ao pleno de mañá unha moción solicitando o seu cumprimento.

A iniciativa parte da necesidade de moitas persoas que atopan dificultades para poder levar a cabo a súa vida dun xeito autónomo. César Maquieira analizou a realidade da Boa Vila nesta materia e emprazou as institucións a traballar para mellorala: Recoñecemos o traballo feito dende o concello,  pero ainda queda moito por facer en Pontevedra, cunha población de 82,946 persoas,  existen máis de 7.500  con algún tipo de discapacidade’.

En Pontevedra, a transformación das rúas do centro ten pendente completar as actuacións que garantan o cumprimento do prazo de referencia. Presentan eivas neste sentido establecementos públicos e de titularidade privada de uso público:Somos conscientes do gasto que implica para a cidadanía o cumprimento desta lei, en especial ao pequeno comercio e as comunidades de veciños. É importante establecer axudas, subvencións, exencións ou reducións de taxas ou impostos, a aquelas empresas ou comunidades de propietarios, que favorezan a accesibilidade’.

Ver máis


Municipalizar as piscinas de Campolongo

Marea Pontevedra presentou alegacións dirixidas  á Xunta de Goberno Local  para que suspenda e revogue os acordos do día 30 de xuño de 2017 do Contrato de reforma, ampliación e explotación da piscina de Campolongo  e se tramite un novo estudo de viabilidade para que sexa prestado en adiante polo propio Concello en réxime de xestión directa e cos seus propios medios.

Carmen Moreira subliñou que a fin da concesión é o momento idóneo para municipalizar a xestión do complexo: ‘non estamos no caso dunha recuperación ou rescate do servizo nin tampouco nunha resolución do contrato, non temos que afrontar obrigas que prexudiquen á facenda local. Se trata de xestionar un servizo público xa existente, amparado xuridicamente, e que resulta máis eficiente e menos oneroso tanto para o concello como para os veciños’.

Ver máis

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*