Marea Pontevedra festexa cun magosto a súa XX Asemblea Xeral

Luís Rei comunicoulle ao máximo órgano de decisión a súa intención de repetir como candidato para as municipais de 2019

A XX Asemblea Xeral de Marea Pontevedra estivo marcada polo anuncio de Luís Rei de que concurrirá a unhas primarias que, se a vindeira asemblea o decide, serán no primeiro trimestre de 2018. Do mesmo xeito presentouse ante as inscritas a nova coordinadora, Peque González, e o novo equipo da permanente xunto cun informe da actividade municipal desenvolvida nos últimos tres meses.

Segundo os estatutos da formación hai dúas primarias diferenciadas, as primeiras para elixir o candidato e as segundas para escoller as integrantes da lista electoral, esta última con corrección de xénero xa que se trata dunha lista ‘cremalleira’. O propio Rei instou a asemblea para que en decembro fixe os prazos deste proceso para garantir unha ‘radicalidade democrática interna que nos permite avanzar con pasos en firme’.

Ao remate da asemblea as asistentes compartiron unhas castañas asadas coas veciñas da Cruz Vermella, onde falouse distendidamente sobre a futura reforma desta rúa, unha das emendas que introduciu Marea nos orzamentos de 2017 do Concello de Pontevedra.

photo_2017-10-26_13-19-08

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*