Marea Pontevedra fai pública unha reprimenda ao equipo de goberno municipal pola súa informalidade e deficiente xestión dos acordos orzamentarios

Peque González: Moitas das nosas propostas que se convertiron en acordos orzamentarios non son levadas adiante polo goberno. Non sabemos se por desinterese, por incompetencia ou por ambas.

A coordinadora de Marea Pontevedra, Peque González e a concelleira do colectivo cidadá, Carmen Moreira, manifestaron hoxe o seu malestar co grado de cumprimento dos acordos alcanzados co grupo de goberno nos orzamentos do Concello de Pontevedra para este 2018, especialmente no caso da Renda Social Municipal e no do Transporte Metropolitano.

‘Moitas das nosas propostas que se convertiron en acordos orzamentarios non son levadas adiante polo goberno. Non sabemos se por desinterese, por incompetencia ou por ambas’, anunciou a coordinadora. Como resposta a esta situación anunciou que Marea Pontevedra pedirá a ‘reprobación da concelleira responsable se no pleno de maio do Concello non inclúen unha proposta de ordenanza  de Renda Social Municipal’.

Do mesmo xeito posicionouse Carmen Moreira coa integración de Pontevedra no Transporte Metropolitano: ‘É evidente que o goberno de Pontevedra non ten intención de entrar no transporte metropolitano,unha iniciativa  que permitiría aos pontevedreses menores de 19 anos viaxar gratis’. O certo é que o goberno municipal non fixo ninguna xestión ante a Xunta de Galicia en todo o ano 2017.

Por último, ambas conincidiron en que ‘Pontevedra terá que agardar polo goberno da marea en maio de 2019 para que estas proposta sexan unha realidade para as veciñas’.


CRONOLOXÍA RENDA SOCIAL MUNICIPAL

8.11.2016.-Proposición do GM Marea ao pleno para instaurar unha Renda Social Municipal: ditaminada (favorablemente).

23.12.2016.- Pleno Orzamentos, asúmea o goberno do BNG como unha das seis emendas(e tamén a integración do Transporte Metropolitano). Ambas pendentes da primeira modificación de crédito.

30.3.2017.- O GM Marea envíalle á concelleira responsable (Fouces) un borrador de Ordenanza para darlle amparo normativo á Renda Social. Non hai resposta.

07.4.2017.- Co voto de Marea Pontevedra, o Pleno aproba a Modificación de crédito: Renda Social Municipal, 400.000 euros. Integración no Transporte Metropolitano, 205.000 euros

25.4.2017.- Reenvíaselle á nova concelleira responsable (Riveiro) o borrador de Ordenanza da Renda Social.

16.7.2017.- O Bloque propón modificar a Ordenanza de Emerxencia (aduce que axiliza a tramitación). O servizo achega un borrador que, na Asesoría Xurídica, se di que, en efecto, mellora os supostos da emerxencia, mais non permite unha renda entendida como cantidade fixa, mensual e non finalista. Marea Pontevedra solicita, ao non ter resposta sobre o noso borrador, que se propoña un borrador da nova Ordenanza de Renda Social.

25.10.2017.- O concello solicita á Xunta de Galicia un informe sobre posible duplicidade da Renda Social Municipal (coa Risga).

13.11.2017.- A Xunta responde que non incorrería en duplicidade. Tarda tres semanas, e inclúe resposta das consellerías de Política social, Facenda e Presidencia).

15.12.2017.-No pleno aprobase  a reforma da Ordenanza de Emerxencia (publícase no BOPP do 26.2.2018). Nos Orzamentos para 2018 volven ir, froito da negociación de Marea Pontevedra co BNG , partidas (entre outras) para a Renda Social (425.000 euros) e para o Transporte Metropolitano (150.000 euros).

20.2.2018.- O GM Marea reclámalle novamente a Riveiro o borrador da Ordenanza da Renda que se comprometeran a presentar en xullo do 2017. (Reiterase a petición verbalmente cada semana. Sempre se di que para a semana seguinte estará)

28.3.2018.- O GM Marea reitera por escrito a petición do borrador de Ordenanza, para que pase por comisión e poida ir ao pleno de abril. O pleno será o 13.4.2018, e o tema segue sen ir.


CRONOLOXÍA DA INTEGRACIÓN NO TRANSPORTE METROPOLITANO

23.12.2016.- Acordase a súa inclusión no Orzamento de 2017, a través da primeira Modificación de crédito.

12.4.2017.- Incluíuse a partida na Modificación de crédito (205.000 euros). O Bloque non fixo ningunha xestión ante a Xunta de Galicia para negociar a integración (nin por correo postal, nin electrónico, nin telefónica) en todo o ano 2017.

15.12.2017.- No pleno de Orzamentos para 2018 volve introducirse, por iniciativa do GM Marea, a partida para o Transporte Metropolitano. O Bloque non fai ata hoxe (7 de abril de 2018) e en todo o que vai de ano, ningunha xestión ante a Xunta de Galicia. Ademais, o 7 de marzo de 2018, por resolución do concelleiro de Facenda, pola súa vez por delegación da alcaldía, vemos unha modificación de crédito, a número 4, na que se detraen cartos do Transporte Metropolitano: 21.659 euros, que se van empregar nunha asistencia técnica para a Administración Electrónica.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*