Marea Pontevedra escoita a veciñanza e traslada en forma de emendas 28 propostas para melloras nos barrios e nas parroquias

Luis Rei: As emendas de Marea saen do diálogo coa xente. O orzamento definitivo será o que saia da corporación que en maio mude o goberno do Concello de Pontevedra.


MELLORAS:

  • Emenda parcial (1ª): Partida de nova creación. Abrir os xardíns da UNED
  • Emenda parcial (2º): Partida de nova creación. Obras urbanas en Monte Porreiro: Plan de arranxos de beirrarúas, accesibilidade, iluminación e mellora do mobiliario urbano.
  • Emenda parcial (3ª): Partida de nova creación. Obras urbanas na escola taller de Monte Porreiro: Limpeza, desbroze e recuperación das instalacións da escola taller.
  • Emenda parcial (4ª): Partida de nova creación. Obras urbanas en Monte Porreiro: Obras de mellora en xardíns e parques infantís (Miradoiro, Parque Europa, Rúas Portugal, Bélxica, Reino Unido).
  • Emenda parcial  (5ª): Partida da nova creación. Obras de mellora no Parque de Maruxa Mallo: Acondicionamento de zonas verdes: céspedes, plantación arbustos, iluminación, parque infantil, valados. 
  • Emenda parcial  (6ª): Partida de nova creación. Obras urbanas na contorna do Parque de Maruxa Mallo: Acondicionamento de alcorques abandonados, e limpeza de propiedades municipais da contorna do barrio, e pinta da calzada.
  • Emenda parcial  (7ª): Partida de nova creación. Obras urbanas na rúa Ernesto Caballero: Apertura da rúa Ernesto Caballero ata a rúa da Sequiña (comunicación con Valdecorvos ).
  • Emenda parcial  (8ª): Partida de nova creación. Obras urbanas na rúa Casimiro Gómez.
  • Emenda parcial  (9ª): Partida de nova creación. Obras urbanas na rúa da Feira: Estudo de apertura total da rúa da Feira, co fin de enlazar a Praza de Barcelos coa Rúa Lepanto.
  • Emenda parcial  (10ª): Partida de nova creación. Obras urbanas nas rúas Ponte Nova e Ramón Nieto: Obra de accesibilidade e acondicionamento xeral  das rúas da Ponte Nova e Ramón Peña nieto e a súa contorna.
  • Emenda parcial  (11ª): Partida de nova creación: Obras urbanas nas ruas Antón Fraguas: Melloras na rúa Antón Fraguas (bancos, xardineiras.etc).
  • Emenda parcial (12ª): Partida de nova creación. Obras urbanas no Burgo: Melloras da rúa Santiña.
  • Emenda parcial  (13ª): Partida de nova creación. Obras urbanas en Mollavao: Estudo de viabilidade xurídica e económica do traspaso ao concello da antiga central eléctrica de Mollavao.
  • Emenda parcial (14ª): Partida de nova creación. Obras urbanas en rúas Eduardo Pondal – Gorgullón: Apertura da rúa entre a Eduardo Pondal, Gorgullón e Avda. de Vigo (Residencia de estudantes e o IES Padre Sarmiento).
  • Emenda parcial (15ª): Partida de nova creación. Obras urbanas en Médico Ballina: Parque infantil e creación dunha praza de barrio.
  • Emenda parcial (16ª): Partida de nova creación. Obras urbanas na rúa Echegaray: Obras de adecuación do asfalto na rúa Echegaray.
  • Emenda parcial  (17ª): Partida de nova creación. Obras urbanas de retirada de valos publicitarios: Retirada de valados publicitarios na ribeira urbana do río dos Gafos.
  • Emenda parcial  (18ª): Partida de nova creación. Estudo do antigo lavadoiro da Seca: Realización dun estudo xurídico sobre a propiedade real do soar urbano que ocupara o antigo lavadoiro da Seca.
  • Emenda parcial (19ª): Partida de nova creación. Estudo de apertura de rúa en Campolongo: Realización dun estudo para a apertura de vial peonil entre rúa Rosalía de Castro e Xeneral Rubín.
  • Emenda parcial (20ª): Partida de nova creación. Estudo de apertura de rúa en Campolongo: Realización dun estudo de apertura da Rúa Manuel Cuña cara a rúa da Carqueixa.
  • Emenda parcial (21ª): Partida de nova creación: Obras urbanas na rúa Estrigueiras: Ensanche, construción de muros e asfaltado na rúa Estrigueiras.
  • Emenda parcial (22ª): Incremento de partida. Contrato de mantemento de parques infantís: Plan de conservación e mantemento de parques infantís urbanos e nas parroquias.
  • Emenda parcial (23ª): Partida de nova creación. Obras nas parroquias – Verducido: Mantemento do Pontillón do Castro.
  • Emenda parcial (24ª): Partida de nova creación. Obras nas parroquias – Lourizán: Parque da dignidade.
  • Emenda parcial (25ª): Partida de nova creación. Obras nas parroquias – Lourizán: Asfaltado da rúa do Outeiro (camiño). 
  • Emenda parcial (26ª): Partida de nova creación. Obras nas parroquias. Adquisición de terreo onde habilitar un aparcadoiro para o centro de saúde.
  • Emenda parcial (27ª): Partida de nova creación: Obras nas parroquias – Campañó: Acondicionamento e asfaltado dos camiños: de Ferreiros – Sabarís; de Cochón – Piñeiro; e de Barragáns.
  • Emenda parcial  (28ª): Partida de nova creación. Sinaléctica nas parroquias: Estudo e primeira anualidade dunha nova sinaléctica nas parroquias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*