Marea Pontevedra engádese á demanda veciñal para recuperar o monumento adicado a Jose Martí

O monumento adicado ao fundador do Partido Revolucionario Cubano foi retirado co motivo das obras de Santa Clara. Marea Pontevedra engádese aos colectivos veciñais que solicitan a súa reposición.

Durante a realización das obras de arranxo e humanización na rúa Santa Clara, o monumento adicado a José Martí foi retirado do emprazamento en que estaba desde a súa inauguración en presencia do cónsul de Cuba, representantes dos grupos municipais e a veciñanza.

Tempo despois do remate desas obras, o día 8 de outubro de 2015, a Asociación de Veciños “Río Lérez” dirixiuse ao goberno municipal solicitándolle a reposición da placa e da efixie. Ese escrito tivo resposta do concelleiro responsable de réxime interior catro meses despois, o día 3 de febreiro de 2016, anunciando a reposición en canto estivese redactado o proxecto técnico.

Transcorrido máis dun ano, o “regreso” de José Martí segue agardando, sendo máis precoupante a falta de información á veciñanza sobre o tema, xa que nin tan  sequera é coñecida a súa ubicación actual e moito menos a data na que será devolta ao seu entorno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*