Marea Pontevedra elixirá o vindeiro 9 de febreiro a cabeza da súa lista para as municipais de 2019

O colectivo cidadá presenta o calendario das primarias que elixirán a persoa que encabece a súa lista electoral nas municipais do ano 2019.

Marea Pontevedra elixirá a súa lista electoral, como non podía ser doutro xeito, mediante primarias abertas. O proceso electoral contará con dúas fases, unha primeira que decidirá a persoa candidata a alcaldía e unha segunda que elixirá o conxunto da lista. Deste xeito o colectivo ratifica a súa aposta pola democracia interna á hora de tomar as decisións estratéxicas.

regulamento que rexe as primarias é o mesmo polo que foi elixida a lista de 2015. O proceso para presentación de candidaturas á cabeza de lista comeza o 26 de xaneiro, sendo necesarios unicamente 10 avais de persoas inscritas en Marea Pontevedra, e remata o día 2 de febreiro.

O censo permanecerá aberto a novas inscricións ata o día 5 de febreiro, un día antes do inicio da votación electrónica e 4 días antes da votación presencial, que terá lugar o día 9 de febreiro.


PRIMARIAS PARA A LISTA ELECTORAL DE MAREA PONTEVEDRA NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2019.

  1. CONVOCATORIA E CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN ELECTORAL.

13 de decembro de 2017: XXI  Asemblea de Marea Pontevedra

  • Ratificación do regulamento de primarias e aprobación do período electoral en dúas fases: 1ª fase de elección de cabeza de lista no 1º trimestre 2018 | 2ª fase de elección do resto da lista no 4º trimestre de 2018.
  • Designación dos tres membros e un suplente da Comisión Electoral

Mércores 27 de decembro de 2017: Conformación da Comisión Electoral

  • Constitución da Comisión Electoral
  • Aprobación do calendario da primeira fase (elección cabeza lista)

 A comisión electoral queda conformada por:

José Antonio Ramírez, en calidade de Presidente

Xoán Hermida, en calidade de Secretario

Bibiana Piñeiro, en calidade de vogal 

  1. CALENDARIO (1ª fase)

Venres 26 de xaneiro

  • Apertura do prazo para consulta persoal, e subsanación de erros e omisións do censo.
  • Apertura do prazo, ás 20,00 horas, de presentación de candidatas/os. (formulario + 10 avais)

Venres 2 de febreiro

  • Remate presentación de candidaturas, ás 20,00 horas.

Luns 5 de febreiro 

  • Remate do prazo para a inscrición no censo electoral ás 20,00 horas.
  • Encontro de mareantes coas persoas aspirantes a encabezar a lista.

Martes 6 de febreiro 

  • Inicio da votación electrónica (desde as 0,00 horas do 6 de febreiro ás 20,00 horas do 8 de febreiro).

Venres 9 de Febreiro 

  • Xornada Electoral de votación de urna, entre as 11,00 horas e as 21,00 horas.
  • Proclamación dos resultados ás 22,00 horas.

Regulamento de primarias de Marea Pontevedra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*