Marea Pontevedra elixe os órganos de dirección política que guiarán o ‘Camiño ‘19’ ao goberno do Concello de Pontevedra

A recentemente renovada Coordinadora Xeral de Marea Pontevedra, Peque González, e o tamén renovado vicecoordinador, Jaime Acuña, compareceron ante os medios para facer públicos os resultados da elección da nova Coordinadora do colectivo cidadá.

O resultado das eleccións, relatou Peque González, ‘configura a coordinadora máis cidadá da historia de Marea Pontevedra’. Do mesmo xeito aclarou que trátase dun órgano plural, ‘no que contamos con persoas de diferentes sensibilidades e sectores sociais, desde movementos sociais ata sanidade, mobilidade ou servizos sociais’.

Esta Coordinadora Xeral, máximo órgano político entre asembleas, será a responsable de continuar os pasos do Camiño 19 iniciados coa proposta da ‘Praza do Mar’ e co ‘Plan de Transporte Público Urbano’ con novas propostas que ’iremos presentado de aquí a maio de 2019 e que se faran efectivas cando Luís Rei sexa o alcalde de Pontevedra’, concluíu Peque.

Jaime Acuña aclarou que son as terceiras eleccións que fai Marea Pontevedra ao seu máximo órgano político entre asembleas e tamén as que contaron con maior participación. ‘Non deixa de ser un síntoma de que somos unha formación en claro crecemento. Se seguimos traballando na mesma liña estaremos en disposición de gobernar a cidade a partir do ano 2019’ A elección realizouse ao longo desta semana entre as inscritas de Marea Pontevedra por primarias con voto en urna.

Do mesmo xeito ambos coincidiron na necesidade de continuar ampliando a base social da Marea para poder contar con ‘aínda máis sensibilidades e máis pluralidade para representar mellor a nosa cidade’.  


COORDINADORA XERAL DE MAREA PONTEVEDRA

1.    Luís Rei Núñez. Voceiro
2.    Carmen Moreira Martínez. Vicevoceira
3.    Enrique Acuña Rodríguez. Responsable de programa
4.    Jaime Acuña Torres. Vicecoordinador
5.    Xaime Acuña Soto.
6.    Aitor Caneda Martínez.
7.    Josefa Carballo.
8.    Guillermo Casalderrey Rivas. Responsable de documentación.
9.    Juan Manuel Pintos.
10.  Aurora Trinidad.
11.  Herminia Dios Poceiro.
12.  Manuel Xesús Fontán Bouzas. Responsable de Acción Política Municipal
13.  Carmen González Nóvoa ‘Peque’. Coordinadora Xeral.
14.  Xoán Hermida González. Responsable de acción electoral.
15.  Rosina Hermida Vidal.
16.  María Luísa Lores Aguin ‘Mariquiña’.
17.  César Maquieira García.
18.  Paula Piay Carballo.
19.  Bibiana Piñeiro Omil. Responsable de Administración e Finanzas.
20.  José Antonio Ramírez Amor. Responsable de relación cos movementos sociais
21.  Esteban Rey Franco.
22.  Miguel Anxo Serén García. Secretario.
23.  Eladio Torres Castro.
24.  Jose Luís Vidal Laíño.
25.  Cruz Villaverde Peón. Responsable de apertura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*