Marea Pontevedra e a Vicerreitoría da universidade coinciden en poñer nas persoas unha atención preferente

Luís Rei e Teresa Casal mantiveron esta mañá un encontro con Jorge Soto, vicerreitor da Universidade de Vigo, onde compartiron a necesidade de crear unha liña de transporte público que conecte o Campus Universitario co resto do Concello, especialmente coas diferentes entradas en Pontevedra. Un Campus que conta con máis de 4000 alumnos e alumnas, e que coa incorporación das novas titulacións superará con creces esta cifra.

Precisamente o punto do transporte é unha das principais apostas políticas recollidas na axenda de goberno de Marea, coa creación dunha rede circular e de xestión pública de autobuses ecolóxicos para permitir a mobilidade de todas as persoas.

O Campus de Pontevedra conta con varias titulacións relacionadas co deporte e coa saúde e o Concello de Pontevedra conta con numerosos clubes e asociacións deportivas. Esta realidade é tan positiva como desaproveitada, pois unha simbiose entre ambas partes, coa creación dun consorcio dos deportes entre todas as administracións e a propio universidade, permitiría ás persoas tituladas ter oportunidades laborais na cidade onde se formaron. A creación de bolsas para esta tarefa tamén sería aproveitada polos clubes que contarían con persoal cualificado para desenvolver a súa activade.

Tamén falaron doutra das propostas do equipo de Luís Rei, impulsar un evento artístico anual para presumir da calidade da nosa Facultade de Belas Artes e poder promocionar o traballo da xente que se forma nela, situando ao mesmo tempo a Pontevedra nunha cidade referencia como xa foi no seu día.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*