Marea Pontevedra denuncia o abandono por parte da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da Lei de accesibilidade de Galicia

O pasado mes de marzo cumpriuse o prazo de dous anos que marcaba para o seu desenvolvemento. Existe unha paralización do regulamento e, polo tanto, da execución da lei e da aprobación dun novo Código de accesibilidade.

O desenvolvemento da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia é fundamental para que as persoas con diversidade funcional poidan exercer os seus dereitos sen discriminicación, posibilitando a construción e a adaptación de contornas que serán utilizadas polo conxunto da cidadanía, independentemente da súa circunstancia ou situación persoal.

A invisibilización deste colectivo provoca que non se teñan en conta as súas necesidades, poñendo en dificultades e incluso imposibilitando a súa participación real na sociedade como cidadáns e cidadás de pleno dereito. Non só as barreiras físicas ou arquitectónicas limitan a accesibilidade, tamén existen as comunicativas no eido das persoas con discapacidade visual, auditiva ou/e intelectual.


¿De que serve ter dereitos e unha lei de nova creación se non se pode desenvolver?.

Xa no 14/11/2015 Marea Pontevedra presentou unha moción que solicitaba a elaboración dunha ordenanza municipal que regulara estes aspectos e, por outra banda, instar a Xunta de Galicia para o desenvolvemento dunha lei que pretende garantir os dereitos dos que non poden disfrutar todas as veciñas da cidade. Se ben as mocións foron aprobadas, aínda non se cumpliu ningún punto do acordo.

O 4 de decembro é o límite legal para que todos productos, bens, contornas e servizos sexan accesibles. Sen dúbida trátase dunha lei indispensable para garantir que as persoas con discapacidade poidan exercer os seus dereitos,  nas mesmas condicións que as demais veciñas. Este límite está recollido no Real Decreto 1/2013 da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*